A inflación pecha 2023 no 3,2% en Galicia: o freo en luz ou combustibles non compensa a suba dos alimentos
O prezo da alimentación está a moderar algo o seu crecemento, pero marca unha suba do 7% anual, mentres que as bebidas non alcohólicas rozan o 10 (9,6%).
A Xunta activa un protocolo para a recollida dos 'pellets' un mes despois da súa chegada ás costas
Rueda carga con dureza contra o Goberno central, ao que acusa de "poñer escusas" para non achegar medios. O Executivo galego rexeita polo momento reforzos para a limpeza en terra e insiste en que a "axuda fundamental é a busca no mar".
A crise dos 'pellets' afonda nas denuncias de "propaganda" e "manipulación" na CRTVG
Persoal dos medios públicos, concellos afectados e oposición denuncian o tratamento que TVG ou Radio Galega fan da vertedura dos granulados de plástico. Traballadores e traballadoras mobilízanse contra o control político e piden a dimisión do director xeral.
A Xunta pide ao Estado once barcos, dous helicópteros e un avión para apañar sacos de 'pellets' no mar
O Goberno galego reclama agora ao Executivo central medios aéreos e mariños para intentar recoller os sacos "antes de que rompan" tras tardar días en elevar o nivel de emerxencia que permitía a axuda estatal.
- Entrevista | Jesús Gago Crise dos 'pellets'
- Acontece
"Que os 'pellets' non sexan tóxicos non quere dicir que non sexan un problema"
O investigador e coordinador dos traballos en lixo mariño no Centro Oceanográfico de Vigo advirte do que supón o vertido de granulados plásticos nas costas de Galicia malia seren "a punta do iceberg" dunha problemática moito máis grande.
Muros pon en marcha un plan de limpeza coa aseguradora da armadora do buque que verteu os 'pellets'
Unha empresa especializada escollida polo seguro contratou 18 traballadores do municipio para recoller o plástico nas praias. "Ante a inacción do resto das administracións decidimos buscar nós unha solución”, di María Lago, alcaldesa da localidade.
A Xunta cede e eleva o nivel da emerxencia polos 'pellets' para recibir axuda do Estado tras catro días negándose
O Goberno galego anuncia a súa decisión despois de que tamén o fixese Asturias e co Goberno de España preguntándose "por que a Xunta non quere colaboración".
- Entrevista | Antía Alberte Crise dos 'pellets'
- Política
"A Xunta estivo informada da chegada dos 'pellets' á costa desde o primeiro momento"
A ambientóloga e concelleira de Medio Ambiente en Ribeira denuncia a falta de información e coordinación por parte do Goberno galego e o problema derivado: "A xente acaba por non confiar nas administracións e iso é perigoso".
A Xunta minimiza o dano dos 'pellets' pero insta a retiralos das praias e pide contas ao Estado
O Goberno galego descarta elevar o nivel de alerta que permitiría o reforzo estatal e reclama "responsabilidades" ao Executivo central entre críticas de BNG, PSdeG e os concellos, que piden máis medios. A Fiscalía de Medio Ambiente abre dilixencias polo vertido.
A crise dos 'pellets': a Xunta activa agora o plan anticontaminación entre críticas pola súa "inacción"
O Goberno galego pide ao Estado que "se poña as pilas" mentres alcaldes das zonas afectadas, BNG e PSdeG acusan o Executivo galego de ter "desaparecido" e chegar "tarde" a un problema medioambiental que comezou hai case un mes.
Do contedor perdido ao risco futuro: pequenas bólas de plástico seguen a esparexerse pola costa
A perda da carga dun buque o pasado 8 de decembro en augas portuguesas provoca que pellets e sacos deste material leven semanas espallándose por praias e rochas, sobre todo na ría de Muros e Noia.
- Análise
- Economía
O paro segundo conveña: a Xunta presume dos datos que o PP de Feijóo ve "dopados" e "manipulados"
Tellado acusa o Ministerio de Traballo de "agochar moitos parados baixo a figura dos fixos descontinuos", que en Galicia supoñen o 3% da forza laboral. Rueda cre que as cifras son "positivas" e un "aval" do "crecemento económico e a consolidación dunha Galicia potente".