- Datos Crise de prezos
- Economía
O aumento do prezo dos alimentos segue a marcar a inflación, que baixou ao 3,3% en Galicia en novembro
A inflación anual da alimentación e as bebidas en Galicia é do 9,6%, só superada en Balears, Castilla-La Mancha e as Canarias.
- Datos
- Acontece
Máis da metade da enerxía xerada en Galicia depende aínda do petróleo importado
Tres cuartas partes dos recursos enerxéticos transformados no país para obter electricidade, combustíbeis ou calor proceden de terceiros países, moitos deles situados no Sur Global, e de fontes fósiles, segundo un informe de Ogacli e Greenpeace.
Sen votación pero sen veto: a oficialidade do galego na UE mantense na axenda pero apenas avanza
O Estado decide non someter a votación a proposta durante a súa presidencia da UE para facer oficial galego, catalán e vasco á espera de novos informes e tras argumentar ante os 27 que as condicións impostas para estas linguas só se dan en España e pechan a porta a outros idiomas.
Case seis de cada dez enfermeiras nos hospitais do Sergas son temporais
Os datos debullados sobre a relación contractual da enfermería co Servizo Galego de Saúde revelan que arredor do 57% do persoal na Atención Hospitalaria non ten praza fixa, fronte ao 36,7% na Atención Primaria.
- Análise Pola sanidade pública
- Acontece
Os datos do Sergas que desmenten o Sergas: máis da metade das súas enfermeiras son temporais
O colectivo Enfermeiras en Loita accede aos datos oficiais que revelan que o 52% do persoal de enfermaría da sanidade pública é eventual e non ten praza en propiedade. Supoñen unhas 6.000 dun total de 11.600. Sanidade di que máis de 3.000 prazas están en proceso de consolidación de emprego.
- Datos
- Economía
Galicia destrúe case 4.300 empregos en novembro malia a baixada do paro
O número de persoas desempregadas queda en 131.168, a cifra máis baixa neste mes desde que hai rexistros, pero a Seguridade Social perde 4.287 afiliadas.
A ampliación dun comedor escolar a escote: a anpa paga a metade da obra que contrata a Xunta
A falta de espazo e as protestas das familias no CEIP María Barbeito da Coruña obrigaron á ampliación das instalacións deste colexio con máis de 600 matrículas por curso. Os traballos son confinanciados pola Administración, que paga o 50% de máis de 22.700 euros. A asociación de pais e nais faise cargo do resto.
O BNG impulsa a Ana Pontón ante "o reto de ser a presidenta do cambio": "É agora"
A portavoz nacional do Bloque pide o voto "de todos os galegos e galegas que queren cambio, votasen o que votasen", para converterse na "primeira muller e primeira nacionalista" en presidir Galicia ante "as eleccións máis importantes das últimas décadas".
O persoal pide auxilio á Xunta e ao Parlamento ante o "delirio partidista" na CRTVG
O comité intercentros pide unha "intervención urxente" para deter a "manipulación informativa" que tornou os medios públicos no "máis eficaz órgano de propaganda do PP". Populares e Vox impiden que a Eurocámara debata sobre a manipulación na Radio Galega e na TVG.
O conflito da limpeza en Correos chega ao Congreso: o BNG pide rescindir o contrato e acabar co "abuso laboral"
Rego e Da Silva presentaron iniciativas no Congreso e no Senado para urxir a Correos a "pór fin á precariedade laboral das traballadoras", que acumulan impagos e cinco meses sen cobrar, e a rescindir o contrato coa adxudicataria.
- Datos
- Economía
Temporalidade ou baixa remuneración afastan Galicia das comunidades con mellor índice de calidade de emprego
Sitúase por baixo da media do Estado e moi lonxe de País Vasco, Madrid ou Catalunya, segundo un informe que analiza a calidade do traballo nas autonomías en base á análise de numerosas variables.
O profesorado do ensino público mantén erguida a protesta contra o acordo educativo
CIG, STEG e CSIF cifran o seguimento da folga no 60%, semellante á de outubro, e a Xunta rebáixao por baixo do 10%. Unha multitudinaria manifestación percorre Santiago poñendo punto final a un ciclo de mobilizacións contra o "pacto das renuncias".