O PSOE celebra a "derrota do bloque involucionista" e que son "máis os que queren que España avance"
"É probablemente a peor noite electoral de Feijóo", di Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, que celebra que "a esquerda suma o 51% de todos os votos en Galicia".
Mesía: dous centros de saúde, ningún pediatra e unha única médica no verán
Veciñanza mobilízase contra a perda de persoal sanitario e a "mala e deficiente asistencia sanitaria" noutro caso de eivas na Atención Primaria no rural.
Feijóo admite agora que Marcial Dorado "era contrabandista" cando principiou a súa amizade
"Naquel momento era contrabandista", responde o líder do PP nunha entrevista, preguntado pola relación co logo condenado por narcotráfico.
As demandas complican a CRTVG: a xustiza dirime se impide o dereito á libre información do seu persoal
Visto para sentenza o xuízo tras a demanda dun xornalista que denunciara que a dirección lle modificara unha información para non destacar que a inflación superara en Galicia a media estatal. A maxistrada deberá determinar agora se o seu traslado foi indebido e ten relación coa súa apelación á cláusula de conciencia.
Feijóo critica a dirección "alegal" de RTVE malia que a CRTVG mantén a que a lei ordenou mudar hai doce anos
A dirección xeral dos medios públicos galegos leva catorce anos ocupada por Sánchez Izquierdo a pesar de que a lei de medios de 2011 fixa a elección dunha nova. O líder do PP gaba o "selo de independencia das canles públicas" e pide "afondar nel".
Galicia únese ao proxecto 'Stolpersteine': lousas na Coruña para lembrar os deportados polo nazismo
Seis veciños enviados a campos nazis son lembrados desde hoxe con cadansúa laxe de bronce ao pé das súas casas na infancia, seguindo a iniciativa artística impulsada nos 90 para homenaxear as vítimas con placas por toda Europa.
- Crónica Xerais 23X
- Política A Coruña
Zapatero clama "en defensa da verdade" ante as "mentiras" do PP de Feijóo: "O PP máis á dereita desde AP"
O ex-presidente do Goberno de España nega a moderación do líder dos populares e insiste na misión de combater as súas "falsidades" e defender o executivo de Sánchez nun mitin que ergue os ánimos do socialismo galego ante o 23X.
O PP ameaza RTVE antes de afrontar outros dous xuízos por "represaliar" persoal crítico na CRTVG
A dirección dos medios públicos galegos volve este mércores aos xulgados acusada de vulnerar dereitos fundamentais a xornalistas significados nos 'venres negros' ou opostos á "manipulación". Os populares sinalan a radio e televisión pública estatal tras cuestionar Feijóo unha periodista que lle rebateu datos falsos.
A esquerda apunta a Pemex e á amizade de Feijóo con Marcial Dorado na recta final da campaña
PSOE e Sumar lembran os polémicos negocios que a Xunta aprobou coa petroleira que dirixía Emilio Lozoya, encarcerado por corrupción e a quen a Fiscalía mexicana pide 46 anos de cadea, e a relación de amizade do líder do PP co contrabandista, con moitos detalles aínda sen aclarar
Outro caso de mortaldade masiva de marisco na Arousa engade incerteza ao futuro da produción na ría
Unha praia da Illa aparece esta semana repleta de navallas, longueiróns e ameixas mortas, nun caso semellante ao ocorrido hai un mes na Lanzada e logo de que o sector advertise do continuo devalo da produción marisqueira.
Defensa dos logros da esquerda fronte ás gabanzas a Feijóo no debate da CRTVG ás 10 da mañá
Miñones (PSdeG) defende a xestión do Goberno de España, Lois (Sumar) reivindica a "política útil" no executivo e Rego (BNG), os logros do nacionalismo e a defensa de Galicia ante Tellado (PP), que chama a "derrogar o sanchismo" e evita concretar propostas.
Debate electoral ás dez da mañá en 'venres negro': "É unha estratexia premeditada"
BNG, PSdeG ou Sumar ven na fixación do horario do único debate dos medios públicos para as xerais do 23X un paso máis na "estratexia" da CRTVG de "ocultar o pluralismo" e a "axenda galega". "É unha vergoña; a CRTVG non está a cumprir coa misión de servizo público que ten encomendada", di Defende a Galega. "Non lles interesa que se vexa porque nel trasládanse opinións plurais e non se controla o que cadaquén di, como si fan nos telexornais", mantén o comité intercentros