Os 'pellets' volven á campaña tras achegar o Estado datos que deitan máis dúbidas sobre a xestión da Xunta
O ministro de Transportes, Óscar Puente, comparece a petición do PP no Congreso e cualifica de "calamitosa" a xestión do Goberno galego, insiste en que foi informado desde o principio do vertido e asegura que activou e desactivou o 3 de xaneiro a alerta que acabou por comunicar dous días despois.
Zapatero chama a "conxurarse" para "remontar": "Só o pode facer o PSOE e vaino facer Besteiro"
O ex-presidente do Goberno de España impulsa o PSdeG nun acto na Coruña no que carga contra a ausencia de Feijóo e agora de Rueda nos debates: "Quen non comparece non merece ser presidente".
- Datos
- Economía
Tres de cada catro novos parados en Galicia no mes de xaneiro foron mulleres
O desemprego subiu en case 1.600 persoas debido en exclusiva ao aumento no sector servizos tras o final da campaña de Nadal e das rebaixas. Case o 75% das novas persoas paradas foron mulleres nun mes no que se destruíron 12.000 postos de traballo.
A Xunta Electoral amoesta a CRTVG por reducir o tempo dedicado á campaña electoral e ordena incrementalo
Estima parcialmente unha demanda do BNG e advirte que non está "xustificado" que a información diaria electoral fose recortada en case tres minutos con respecto á de 2020 pola "incidencia" que ten na cobertura dos partidos e pola "importancia do pluralismo político e social".
Xunta, deputacións e bombeiros acordan o fin da folga tras oito meses: melloras por negociar tras o 18-F
O pacto asinado entre administracións e persoal comarcal contra incendios implica adiar as futuras conversas ata despois das eleccións pero garantindo "melloras laborais" e de efectivos para os 24 parques e un novo convenio colectivo.
Catro millóns previstos para centros de saúde acaban pagando á concesionaria do hospital de Vigo
Unha modificación orzamentaria permite que 3,88 millóns dunha partida de 5,67 prevista para a construción de ambulatorios pasen a dotar "o crédito necesario para satisfacer o importe das facturas" da instalación hospitalaria.
Outra condena laboral á CRTVG destapa denuncias de represión: "É unha represalia, non teño dúbidas"
Un redactor denuncia que foi despedido tras ser declarado por segunda vez indefinido pola Xustiza, logo de ser trasladado do seu posto habitual de traballo durante 17 anos e tras declarar en xuízos contra a empresa. O comité advirte dunha "nova represalia, clara, indignante e intolerable" contra persoal crítico coa dirección.
'Taxi Compostelle': 60 historias para contar 60 anos de emigración galega en Suíza
Antonio Rodríguez, fillo de galegos, organiza na cidade suíza de Delémont unha mostra que repasa seis décadas de "ida e volta", de "intercambios culturais, económicos ou gastronómicos" entre Galicia e o país helvético, a través de testemuños e retratos de decenas de emigrantes.
A cobertura do vídeo persoal de Rueda multiplica as críticas á CRTVG: "O Telexornal é o NO-DO"
O comité cualifica de "lamentable e vergoñento para o persoal" o tratamento que os informativos deron da peza difundida polo PP, "a enésima mostra do secuestro dos medios públicos". Unha nova protesta ante San Caetano clama "por unha CRTVG ao servizo do pobo".
A Xunta nega que os colexios do Opus incumpran a lei: fondos públicos malia teren as aulas segregadas
Educación aclara que non lle consta "que algún alumno ou alumna quixese matricularse nalgún destes centros e lle fose denegada a solicitude" e que todos os concertados "teñen matrícula mixta".
Sánchez anuncia a construción en Navantia Ferrol dun buque para a Armada que suporá 1.800 empregos
O presidente do Goberno de España destaca que no novo proxecto participarán 300 empresas españolas, 135 delas de Galicia e ve o encargo como símbolo da "reindustrialización" de Ferrolterra e de Galicia, "con impacto no emprego e, sobre todo, na cohesión territorial".
Alcoa repite táctica: ameaza de peche e demanda de axuda pública antes das eleccións
Atrasa o reinicio da actividade na Mariña a pouco do 18F e advirte de "decisións difíciles" tras pedir auxilio a Xunta e Estado no 26º aniversario da privatización de Inespal. Antes dos comicios de 2020 xa anunciara o despedimento de 534 traballadores e o peche da planta de aluminio.