Máis de vinte marchas por toda Galicia unen a comunidade educativa na loita polo ensino público
Profesorado, familias e alumnado mobilízanse en máis dunha vintena de manifestacións por cidades e vilas galegas contra o "abandono" e a "deterioración" da escola pública.
Alumnado, familias e profesorado: unidade para 25 mobilizacións polo ensino público
Cidades e vilas de toda Galicia acollen na tarde deste 6 de maio protestas conxuntas da comunidade educativa contra o "abandono" e a "deterioración" da escola pública. Falamos con representantes das anpas e das Asembleas Abertas, que advirten da "situación crítica" de moitos centros polo "desleixo" da Xunta.
- Datos
- Economía
Galicia bate marcas no emprego en abril coa metade do traballo creado na hostalaría
O país creou 8.000 postos de traballo, superando os 1,1 millóns de persoas afiliadas, o mellor dato no cuarto mes do ano, onde o paro descendeu en 2.377. Só un terzo dos contratos asinados foron indefinidos, fronte ao 43% no Estado.
- Reportaxe
- Acontece
Barakaldo, "un cachiño de Galicia" en Euskadi: o centro galego máis antigo de Europa fai 125 anos
A segunda entidade da emigración máis antiga do mundo celebra un século e cuarto de vida no País Vasco, onde aínda residen máis de 40.000 persoas galegas e milleiros máis de descendentes. "As novas xeracións non senten tanto a terra coma nós", di Urbano Alba, o seu presidente.
As críticas ao control das baixas pola Xunta irrompe nun Primeiro de Maio marcado pola incerteza global
O anuncio de Alfonso Rueda fixo que á demanda de "traballo digno" e ao rexeitamento ás guerras se unise un berro sindical contra a "criminalización e culpabilización" da clase traballadora" nunha xornada de mobilización que clama tamén por solucións ao problema da vivenda.
O TSXG dá a razón ás caixeiras: o 'cóbado de tenista' xa é enfermidade profesional
O alto tribunal acepta o recurso dunha traballadora contra o seu supermercado, a mutua e a Seguridade Social, recoñece que a súa doenza foi causada polo labor continuado na caixa e racha coa discriminación do persoal do sector respecto doutros traballos masculinizados.
O 75% das parroquias con vixilancia especial da Xunta polo lume sufriron incendios en 2025
En 19 dos 26 núcleos de alta actividade incendiaria, onde aumenta o control e se aplican "medidas extraordinarias" de prevención e protección do monte, houbo algún foco o pasado ano. Dous dos maiores incendios da vaga do verán comezaron nalgunha destas zonas. Así o acreditan os datos completos dos incendios do pasado ano, logrados e liberados por Praza
Galicia perde case 9.000 empregos no primeiro trimestre do ano
O final da campaña de Nadal na hostalería e no comercio pasa factura ao mercado laboral que, con todo, ten 28.000 persoas ocupadas máis que hai un ano e mantén máis de 1 millón traballando a xornada completa.
As dependentas galegas volven amosar a súa forza contra o convenio estatal do téxtil
Unha nova folga impulsada por CIG e UGT volve pechar tendas en toda Galicia. Centos de persoas traballadoras maniféstanse nas sete cidades coincidindo cunha nova xuntanza na mesa de negociación para implantar un marco laboral para todo o Estado que segue sen asinarse.
- Reportaxe
- Acontece
Poucas e entregadas: as entidades sociais sobre as que repousa a regularización de migrantes
Apenas unha ducia de asociacións do terceiro sector galegas inclúense entre as acreditadas polo Goberno de España para emitir o certificado de vulnerabilidade, clave para que milleiros de persoas estranxeiras poidan ser regularizadas. Falamos con varias delas, que axudan ademais no resto de trámites deste histórico proceso. "É un non parar durante todo o día, pero é lóxico, están pelexando por ter dereitos fundamentais", din.
O profesorado impartirá dúas horas menos de clase en Secundaria
A Consellería de Educación acorda con CCOO, UGT, ANPE e CSIF a redución do horario lectivo dos docentes, un plan para o alumnado con necesidades especiais e adiantar cinco anos a redución de ratios en ESO e Bacharelato. CIG-Ensino e STEG teñen convocada folga no ensino público o vindeiro 28 de abril.
Contas confirma as eivas na atención primaria: 120 concellos sen pediatra, escaso persoal e longas esperas
O ente fiscalizador reclama á Xunta máis financiamento neste nivel asistencial, sinala o "problema estrutural" que supón o déficit de profesionais, pídelle un "plan estratéxico" para aumentar o persoal e "mellorar a súa estabilidade" e alerta das importantes demoras nas citas.