Aprobado o convenio estatal do téxtil malia o rexeitamento masivo das dependentas en Galicia
A patronal que agrupa Inditex e outras multinacionais chega a un acordo con CCOO e Fetico para un novo marco laboral estatal que rexeitan CIG e UGT e que sacou milleiros de traballadoras á rúa, que denuncian perda de dereitos e salario e precarización e reclaman un pacto empresarial en Galicia que blinde os convenios provinciais.
O plan contra as baixas segue: o novo protocolo da Xunta con máis poder para as mutuas xa é oficial
Sanidade publica as novas normas para a xestión e seguimento das incapacidades temporais co obxectivo de facer un proceso "máis áxil e resolutivo". O silencio médico xa non poderá reinterpretarse como a continuidade da baixa e haberá unha "autorización única" da Inspección para as probas que realicen as mutuas.
A xustiza ordena á Xunta pagar nocturnidade e festivos ao seu persoal de vacacións ou de baixa
Un bombeiro de Medio Rural reclamou á Consellería os complementos durante dous anos e a Xunta terá que pagarlle 2.300 euros máis intereses. O ditame advirte que traballar de noite ou en festivos é habitual nese emprego e que eses conceptos salariais non son extraordinarios nin voluntarios.
- Datos
- Política
Galicia, doutra volta á cola no investimento por persoa dependente: 500 euros menos que a media
É a autonomía que menos inviste por cada persoa potencialmente dependente: 1.490 euros fronte aos máis de 2.000 de media estatal ou os 3.100 de Euskadi. Tamén se sitúa nos últimos lugares en canto ao gasto por dependente atendido. A Xunta achega un 67,1% ao financiamento do sistema e o Estado, un terzo do total.
Tras a folga, acampada: as dependentas manteñen a loita contra o convenio estatal do téxtil
Persoal do comercio engade esta "medida de presión" para rexeitar o acordo que a patronal ARTE e CCOO e Fetico negocian en Madrid e para reclamar un acordo interprofesional galego que blinde os marcos laborais provinciais.
Volve #onosoderbi: o Dépor regresa a Primeira, onde o agarda un Celta asentado na elite
O ascenso do equipo coruñés permite o regreso do encontro de rivalidade nun excelente momento deportivo, económico e social para ambos clubs. O conxunto vigués suma a súa etapa máis lonxeva na máxima categoría e volve xogar en Europa; os branquiazuis volven entre os grandes con ánimos e forza renovada.
Caso Oímbra: á procura da orde da roza que provocou o segundo maior incendio da historia de Galicia
O devastador lume do pasado agosto foi provocado polas rozas dunha empresa contratada por Xunta e Concello, labores que non se suspenderon malia o risco extremo e as ordes de paralización que acabaron perdéndose polo camiño. A alcaldesa, chamada a declarar, recoñece que había instrucións de realizar eses traballos aquel día e que non era consciente de que non se puidesen realizar.
"De La Coruña" ou "da Coruña": 17 de xuño, referendo definitivo sobre o topónimo do Dépor
O deportivismo votará desde ese día e ata o 21 de xuño nunha consulta vinculante na que poderán participar persoas socias a partir dos 12 anos, que deberán elixir entre "manter a nomenclatura actual" ou "adecuar o nome e os elementos gráficos á toponimia oficial da cidade". O club convoca unha xunta extraordinaria só dous días despois da votación para certificar o cambio.
O Sergas recorta o soldo de médicos de familia con pacientes coas baixas laborais máis longas
Sanidade liga o 10% do complemento de produtividade de persoal médico de familia a que as incapacidades temporais da poboación que atenden non se "desvíen" do "estándar" ou a que respondan un mínimo do 80% das altas propostas pola inspección. CIG-Saúde, sindicato maioritario na sanidade pública, encádrao na "campaña de criminalización das persoas de baixa" e a Xunta asegura que "en ningún caso" está a "fomentar que unha persoa" con "condicións clínicas para estar de baixa vaia traballar"
- Análise
- Deportes
Exención fiscal e elevado gasto: as exixencias da FIFA fan que Euskadi tamén medite renunciar ao Mundial
Bilbao e Donostia, dúas das sedes confirmadas, amosan dúbidas sobre a conveniencia de acoller partidos do torneo e o lehendakari admite unha "análise profunda" por parte de todas as administracións dos duros requisitos e condicións que impón o organismo reitor do fútbol. Vigo mantense na carreira que abandonaron A Coruña, hai dous meses, e antes Málaga e Xixón.
Folga, polígonos sen actividade e presión: o metal volve amosar a súa forza en Galicia
A loita por convenios dignos nas provincias de Pontevedra e da Coruña saca á rúa milleiros de persoas nas últimas semanas. CCOO e UGT alcanzaron un acordo no sur que rexeitou a CIG. No norte, os tres sindicatos teñen dúas novas xornadas de paro convocadas para a semana.
Ulloa Viva e Greenpeace exixen á Xunta que actúe ante Altri: "Non ten nada, agás pouca vergoña"
A plataforma cidadá e a organización ecoloxista exixen á Xunta que "denegue xa" a autorización para o proxecto da empresa lusa en Palas de Rei: "As alegacións son unha broma de mal gusto".