As peaxes nas autovías e o problema da periferia galega
Agás sorpresa, Fomento instaurará o cobro de peaxes nas autoestradas gratuítas para o vindeiro 2013. A Xunta asegura que a medida non se aplicaría nas autovías de titularidade autonómica, pero si afectaría a dúas vías que suman 465 quilómetros e a un país "periférico dentro dun Estado periférico" no que o 43% da rede de alta capacidade xa é de pago.
Caamaño: "A dereita en Galicia ten os días contados"
O deputado socialista cre que "o Goberno de Feijóo está a caer en picado", pero lembra que na súa caída provoca "unha desfeita nos servizos públicos galegos". O ex ministro reclama novas políticas económicas na UE e non fala, polo de agora, da súa posible candidatura á secretaría xeral do PSdeG. Pero non pecha portas. "Cada cousa no seu tempo", aclara.
Os donos dos terreos dos eólicos quedan só co 1,4% da facturación
A facturación total destas instalacións supera os 600 millóns de euros, pero só 9 quedan en mans dos propietarios das terras. Os pagos das compañías enerxéticas oscilan entre os 7.000 e os 1.200 euros por ano e megavatio, segundo un estudo da Universidade de Vigo. No resto do Estado, o rendemento obtido polas parcelas é moito maior.
O Compostela volve para quedar
A histórica SD celebra o seu 50º aniversario co regreso á Terceira División. “Non nos preocupan tanto os ascensos como asentar un club serio e solvente", aclara o presidente Antonio Quinteiro, que aposta pola canteira e a estabilidade como a base dunha entidade que soña con éxitos pasados.
A OIT carga contra a austeridade fiscal que aplica España
A Organización Internacional do Traballo censura as reformas económicas do Executivo, critica aos gobernos "que dan prioridade á austeridade fiscal e as drásticas reformas laborais" e pide "un cambio radical" de políticas
O rugby galego turra para seguir soñando
O deporte gaña en afección e recoñecemento no "mellor momento da historia" para os equipos galegos, tras manterse o Vigo na elite, ascender o CRAT da Coruña á 'segunda' e conseguir o subcampionato estatal o seu equipo feminino. No entanto, os problemas económicos e a falta de apoios poñen en perigo a continuidade dos dous 'grandes' nas súas respectivas categorías a vindeira tempada.
A USC únese á UdC e rexeita a suba das taxas
O Consello de Goberno da Universidade amosa nun comunicado "o seu rexeitamento absoluto, tanto da forma como do fondo" das medidas do Goberno que supoñen o prezo da matrícula e pide á Xunta que "garanta o financiamento público e sen aumento de prezos" do sistema universitario galego
Carlos Callón gaña o 'Premio a artigos xornalísticos normalizadores'
O seu artigo, Fai teu o galego, foi elixido polo xurado, que destaca "a súa capacidade para chegar a públicos amplos, cunha linguaxe clara e sinxela"
Nace outra plataforma galega contra os recortes no ensino
O colectivo, presentado en Santiago, inclúe a CIG, o BNG, Galiza Nova e varias organizacións de pais e pedirá á Xunta que non aplique as medidas do Goberno central a través de mobilizacións e peches. O pasado xoves xa se presentara outra na que participan CCOO, UGT, STEG e Congapa.
Un de cada cinco galegos en idade de traballar está en paro
A taxa de desemprego en Galicia supera o seu teito histórico e alcanza xa o 20% segundo os últimos datos da EPA, o que supón un total de 265.600 parados. O conxunto do Estado alcanza un novo récord ao acumular 5.639.500 desempregados, un 24,44% da poboación activa.
A crise reduce a sinistralidade laboral, que lle custa 1.000 millóns a Galicia
O número de accidentes descende nun 15,6%, segundo un estudo de CCOO, que analiza "con prudencia" os datos ante o descenso de afiliados por mor da grave situación económica e que critica o "recorte desmesurado" da Xunta no orzamento para a prevención
O BNG pide converter NGB nun banco público e Feijóo acusa a Ordóñez de poñerlle “pedras no camiño”
O Bloque aposta por "nacionalizar" o banco "por interese xeral" ou crear "de cero" unha entidade pública galega ante os temores a que NGB saia á poxa. O presidente da Xunta carga contra Miguel Ángel Fernández Ordóñez e di que a súa actitude non lle sorprende.