AGE esixirá a comparecencia de Feijoo no Parlamento para que se posicione sobre a LOMCE
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz cualifican a lei de educación proposta polo PP como “regresiva, antidemocrática e devólvenos aos tempos de Franco” despois dunha xuntanza con representantes da Plataforma pola Defensa do Ensino Público.