Ata aquí chegamos

CONFAPA-GALICIA considera que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual, vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.

A gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes recortes na educación pública

Iniciamos un curso escolar que supera con creces os peores pronósticos; pensamos que chegou o momento de que o alumnado e as familias, ademáis de seguir a realizar mobilizacións conxuntas co resto da Comunidade Educativa, eleven a súa voz para dicirlle ao Goberno Central e ao goberno de Feijoo que está a seguir o seu camiño, que temos chegado a un punto de non retorno, que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida máis.

Alumnos e pais estamos soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas

Alumnos e pais estamos soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar. Sobran os motivos, mais queremos subliñar especialmente que o alumnado e as familias mobilizarémonos conxuntamente porque:

  • Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
  • Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
  • Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
  • Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.
  • Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
  • Rexeitamos o proceso de desmantelamento da escola rural, a través de peche de escolas, disminución de unidades e a eliminación e restricción do transporte escolar e comedores.

En definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA AQUÍ CHEGAMOS e esiximos,

  • O cese fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo
  • A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE
  • A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público
  • A apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.

Facemos un chamamento ás familias para que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.

FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.

Chegou o momento de dar unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.