- Reportaxe
- Cultura
O Nobel para Anne Carson, a poeta que gabou as estrelas de Compostela sempre cun pé na Grecia clásica
Cando a chamaron para anunciarlle que gañara o Premio Nobel de Literatura 2026, Anne Carson atopábase en Islandia “escoitando o vento”. A súa obra pódese ler en galego grazas ás traducións de Jesús Castro Yáñez: 'A antropoloxía da auga', unha sorte de diario do seu percorrido do Camiño de Santiago, e 'Autobiografía do vermello', unha novela en verso que recupera un poema da mitoloxía grega, ambas editadas por Chan da Pólvora. Falamos co seu tradutor e mais coa poeta Chus Pato e o escritor Brais Lamela sobre este galardón a unha autora que se afasta dos canons.
Beiras, como Castelao, xa é patrimonio do pobo
Beiras loitou "sempre ollando aos lados para alentar a quen nos acompaña" e este venres foi el o acompañado por unha multitude
Adaptarse ou morrer: non hai volta atrás nas altas temperaturas do mar
O verán deixa récords de máximos en todas as boias de medición que ten Portos do Estado en Galicia, con 23,13º de temperatura na superficie do mar na baliza de Estaca de Bares. "Normalmente toda a costa atlántica de Galicia e Portugal está protexida nas zonas de afloramento, que actúan como unha sorte de refuxio térmico. Pero, ata cando poderán aguantar?", cuestiona o investigador da UVigo Ramón Gómez Gesteira.
Chamadas á innovación nas políticas públicas de vivenda e á "desmercantilización" n'O Encontro de 'DemocraZia con Z'
"Co turismo, cos peregrinos... Non digo que nos queiran expulsar, pero nos están expulsando de Santiago", afirmou este sábado Rita Bello, educadora social, no debate sobre vivenda que centrou as actividades de O Encontro, promovido por DemocraZia con Z, unha iniciativa impulsada en todo o Estado polo Consejo de la Juventud de España e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade.
"Esta novela é o meu gabinete particular de curiosidades"
Cecilia F. Santomé sorpréndenos con Boundaries Road (Xerais, 2026), a novela coa que gañou o XLIV Premio Blanco-Amor, e coa que volve transitar as crises de identidade, a soidade e a gran tea de araña que conforman as nosas relacións persoais neste século.
Sanidade presenta o novo plan de saúde mental antes que os resultados da avaliación do anterior
"O importante deste plan é todo o rigor orzamentario que se fai á hora do deseño e planificación de cales son os recursos necesarios en cada área sanitaria", sinala o director xeral de Integración e Innovación Asistencial do Sergas. "Ás veces non é só aumentar persoal, reorganizalo tamén axuda", apunta o coordinador asistencial de Saúde Mental
Case 17 anos de prisión para o vigués que tratou de asasinar a súa exparella e lle queimou o 28% do corpo
A Audiencia de Pontevedra considera probado que o condenado levou a cabo este intento de asasinato "movido por un sentimento de superioridade e posesión" cara á vítima "como muller e parella"; e incide en que o vigués se mantivo "sen aceptar a ruptura" da relación e non cesou na súa intención de "dominar e menosprezar" a vítima
"Anoche conquisté Tebas' propón un tipo de masculinidade bastante diferente á que se adoita representar na ficción"
Grabriel Azorín escribe e dirixe a película 'Anoche conquisté Tebas', rodada integramente nas termas romanas de Bande, na que as 'máxicas' augas logran que rapaces de diferentes épocas compartan o mesmo espazo e o impulso de abrirse e mostrar os seus medos. Pode verse en salas de cine de Lugo, Ferrol e Santiago de Compostela.
Medio ano sen cita en Psiquiatría do Sergas tras ingresar por risco de suicidio
O vindeiro 10 de setembro, Día mundial da prevención do suicidio, volveremos falar das arredor de 300 persoas que se quitan a vida cada ano en Galicia. Casos coma o desta paciente de Vigo dan conta da incapacidade da sanidade pública galega para facer fronte ao risco de suicidio e para garantir unha axeitada atención á saúde mental
Fundación RIA promove consensos nas Fragas do Eume e ábrese a novos proxectos con pegada no territorio
O 15 de setembro abrirase unha convocatoria para a recepción de proxectos con capacidade de aplicación, que poidan xerar efectos duradeiros no territorio
'Odisea atlántica': o poema de Homero xa foi reinterpretado na catedral de Santiago
O investigador do CISPAC Francisco Prado-Vilar salienta o diálogo que se pode establecer entre a película 'Odisea', que vén de estrear Christopher Nolan, e a interpretación cristiá do poema de Homero que se levou a cabo na Columna de Ulises da catedral de Santiago nove séculos antes
A Xunta quere novas presas: "Se non temos grandes encoros ao final a auga acaba no mar"
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, argumenta que "os nosos ríos son moi curtos", critica preventivamente a "aqueles que sempre é o non polo non" e di que "se necesitan máis depósitos"