A Xunta endurece o acceso ao seu plan de atención psicolóxica para vítimas de violencia machista
Tras a denuncia dunha vítima de violencia de xénero feita pública polo Defensor del Pueblo, a Xunta non responde cantas ampliacións de sesións de asistencia psicolóxica está a denegar ao abeiro dun convenio co Colexio de Psicoloxía ao que engadiu novos requisitos de acceso
- Entrevista | Anxos Fazáns
- Cultura
"Hai algo transgresor en simplemente facer unha película bonita e tenra"
'As liñas descontinuas', a segunda longametraxe de Anxos Fazáns, aposta pola tenrura no encontro breve de dúas persoas con realidades e idades distintas, que conectan entre si dunha forma inesperada. En cines desde o 20 de febreiro
[ RÆM ]: danza contemporánea para esquecernos de nós mesmos nun soño compartido
O coreógráfo coruñés Javier Martín presenta no Centro Galego de Arte Contemporánea o proxecto [ RÆM ], "unha peza que reflexiona sobre a materia do soño como un estado de conciencia ampliado". Realizará dúas performances de longa duración este martes 11 e o mércores 12 de febreiro en dous pases, de mañá e de tarde
CIG denuncia unha praga de insectos nos quirófanos do hospital Quirón da Coruña
O sindicato reclama unha "resposta áxil" da Inspección de servizos sanitarios da Consellería e critica que "a pesar de persistir o problema" e "sen atopar o foco", o hospital "retomou a programación cirúrxica con total normalidade"
As fortes choivas derruban unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo
O temporal dos últimos días provocou a derruba de parte do lenzo interior da Muralla de Lugo na noite deste sábado, á altura da rúa do Moucho, entre as portas de Santiago e do Carme. Hai 24 anos que non se produce un derrubamento destas características no monumento romano
- Entrevista | Abel de Lorenzo Rodríguez
- Cultura
"A partir dos castigos tamén se poden rastrexar as formas de identidade e cultura"
"O poder nunca tivo tantos recursos para controlar os comportamentos coma hoxe", destaca o historiador Abel de Lorenzo, investigador da Universidade de Santiago de Compostela, que publica o libro La horca y el fuego. Una historia social de la pena de muerte en Hispania (700-1200)
Povisa cita a paciente que sobrepasaba a espera cirúrxica tras facerse público o seu caso
O Hospital Ribera Povisa púxose en contacto coa paciente da área sanitaria de Vigo que compartiu con Praza.gal a súa preocupación por sobrepasar o prazo para unha intervención cirúrxica coa máxima prioridade o mesmo día da publicación, ás nove da noite, por vía telefónica
Povisa incumpre o tempo de espera marcado polo Sergas para as cirurxías de máxima prioridade
Praza.gal tivo acceso á reclamación dunha paciente con Povisa como hospital de refrencia que leva 50 días agardando por unha intervención cirúrxica que "non admite unha demora superior a 30 días", segundo o criterio do Sergas
- Reportaxe
- Cultura
O cinema galego nos Oscar: "Sirât' é un fito porque supón derrubar límites"
O percorrido de Oliver Laxe con Sirât é dun éxito innegable que sorprende porque están a ser moitas primeiras veces con esta película. No camiño aos Oscar, con moitas outras galas de premios importantes antes do 15 de marzo, analizamos con Lucía Veiga, Alfonso Blanco, Nati Juncal e Pela del Álamo o que significa este filme para o audiovisual galego
Sanidade investiga a Ribera Povisa pola falta de médicos tras a queixa dunha paciente
A pesar de contar cunha Unidade de Supervisión e Control, creada "para o seguimento do cumprimento" das "obrigas" por parte de Povisa, a Consellería de Sanidade inicia agora "un procedemento interno de control para verificar a situación" e adoptar "as medidas oportunas"
Sanidade e catro sindicatos pactan un Estatuto Marco sen mellora retributiva que remata coas gardas de 24 horas
O novo marco normativo para todo o persoal da sanidade pública acordado entre o Ministerio e os sindicatos SATSE, CCOO, UGT e CSIF pon "fin as gardas de 24 horas como norma xeral", inclúe medidas de conciliación e de "estabilidade laboral", pero non concreta melloras retributivas como reclamaba a CIG-Saúde
- Reportaxe Contra a violencia machista
- Acontece
A violencia machista máis silenciosa: "Non o podo facer porque me quita a tarxeta"
A Macroenquisa de Violencia contra a Muller estima que o 11,7% das mulleres residentes no Estado español con 16 ou máis anos foi vítima da violencia económica no ámbito da parella nalgún momento. "O primeiro paso é que elas identifiquen que iso é violencia, pois é a máis silenciosa", di a presidenta de Asocim