- Entrevista | Gonzalo Hermo
- Cultura
"Perder a curiosidade é das peores desgrazas que lle poden pasar a unha persoa"
"O traballo artístico necesita ausencia de ruído", asegura Gonzalo Hermo, Premio Nacional de Poesía Moza Miguel Hernández en 2014 con Celebración (Apiario), que vén de publicar un novo poemario, Un xesto de tenrura (Chan da pólvora), tras sete anos dende A vida salvaxe, co que obtivo o XVI Premio Poesía Afundación 2018. Neste anos, nos que emigrou a Catalunya, confirmou que a creación literaria segue a ser o espazo de máis liberdade da súa vida
Máis mulleres manteñen a súa declaración en casos de violencia machista en Galicia
Os xulgados galegos recibiron unha media de 21,8 denuncias diarias por violencia machista entre xullo e setembro, un 1,8% menos que no ano anterior. Porén, xuízas e xuíces apreciaron máis risco para as vítimas e as ordes de protección aprobadas medran un 8,4%. mentres cada vez máis denunciantes ratifican a declaración contra o agresor durante o xuízo. Analizámolo coa axuda de Belén Rubido, xuíza decana de Pontevedra e especializada en casos de violencia sobre a muller.
O Ministerio de Cultura terá que pronunciarse sobre a “perigosa” cesión do control do Patrimonio aprobada pola Xunta
A Plataforma de Profesionales de la Arqueología solicita que a Dirección General de Patrimonio Cultural y Bellas Artes inicie un procedemento de expolio por omisión contra o Goberno galego pola modificación da Lei de Patrimonio Cultural, aprobada aproveitando o trámite dos Orzamentos de 2026, coa que deixa en mans dos concellos as competencias de protección do Patrimonio
- Reportaxe
- Acontece
Laboratorio Ecosocial do Barbanza: (re)pensar o terreo en conxunto e recuperar prácticas sostibles
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza promove unha reactivación sostible do territorio a partir do coñecemento das comunidades locais. Presenta resultados tras cinco anos e comparte o aprendido na Casa RIA cunha exposición e unha serie de debates. As comunidades de montes da zona tomaron conciencia dos beneficios da ordenación conxunta do territorio na loita contra o abandono, a seca e os lumes
- Entrevista | Raquel C. Pico
- Cultura
"A grande historia de amor da vida de Jane Austen é a que tivo coa súa irmá Cassandra"
A xornalista compostelá Raquel C. Pico vén de publicar 'O mundo de Jane Austen' (Sushi Books), un híbrido entre biografía e libro de viaxes que nos achega á figura da escritora británica no seu 250 aniversario
"Cantos anciáns desnutridos máis ten que haber?": o BNG pide que Rueda explique a situación das residencias
Tras o peche das residencias de maiores de Amoeiro e Xinzo de Limia polas "malas condicións", o BNG denuncia a situación límite do centro de Monforte xestionado por DomusVi, con traballadoras "desbordadas" e un brote de sarna entre os usuarios. Ana Pontón avanzou este venres que o BNG rexistrará no Parlamento a comparecencia urxente do presidente Alfonso Rueda
"Aquí o medo dá a man ás lectoras e lévaas canda el a coñecer o seu mundo"
“Hai moito tempo que nos coñecemos. Son o Medo e só busco a vosa atención”. Así comeza a carta de presentación do novo libro de Nuria Díaz, ¿De qué tienes miedo? Guía ilustrada de terrores de la A a la Z, publicado por Lunwerg. En medio das celebracións do Samaín, citámonos coa ilustradora e deseñadora gráfica para debullar o papel que xogan os medos nas nosas vidas
O Supremo conclúe que Audasa ten que devolver peaxes cobradas de forma "abusiva" en Rande
Audasa é finalmente condenada a devolver o importe íntegro das peaxes cobradas nos 81 momentos concretos nos que o tráfico se viu afectado, entre 2015 e 2018, no treito da ponte de Rande durante as obras de ampliación
Puigdemont rompe con Sánchez: "O PSOE terá o poder, pero non poderá exercelo"
Junts asegura que leva 22 meses de conversas co PSOE en Suíza co obxectivo de que Catalunya poida "exercer a autodeterminación sen que se exercera represión" sobre a cidadanía, pero "sen resultados". "Non estamos dispostos a axudar a un Goberno que non axude a Catalunya", advirte Puigdemont
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Cultura Vigo
As capas da Memoria de San Simón dialogan co presente
Para reflexionar sobre os vasos comunicantes entre Memoria e Cultura que se dan cita na illa de San Simón xuntamos ao cineasta Miguel Ángel Delgado, que vén de estrear o filme sobre o campo de concentración franquista 'San Simón'; ao seu protagonista, o actor Flako Estévez; e á poeta e mestra viguesa Oriana Méndez
- Entrevista | Alberto Vázquez
- Cultura
"A animación é unha das maneiras máis poéticas de falar da realidade"
A longametraxe de animación Decorado, de Alberto Vázquez, chega este venres ás salas de cinema tras pasar polo Festival de Sitges. Un filme cargado de simboloxía que retrata con fidelidade a anguria existencial que medra na nosa sociedade. O director de animación, ilustrador e creador de banda deseñada volve ao cinema tras o éxito sen precedentes de Unicorn Wars
"Para min escribir unha novela non significa mentir, todo o contrario, é a procura dunha verdade emocional"
Antonio M. Fraga vaise ata Islandia para contar unha historia de nostalxia ben entendida, de descubertas íntimas e de amores tenros e sinceros. Askja, gañadora do IV Premio Pinto e Maragota pola liberdade sexual e de xénero que outorga o Concello de Pontevedra e editada por Xerais, está narrada dende a voz de Ana, a protagonista a través da que o escritor decide ollar o mundo nesta ocasión