- Reportaxe As Letras de Begoña Caamaño
- Cultura Vigo
A maneira de estar no mundo de Begoña Caamaño contada á xente nova
As Letras Galegas celebran este ano á xornalista, activista feminista e escritora Begoña Caamaño. Unha viguesa comprometida cunha visión do mundo, que aplicou dende o persoal e o profesional ata que o cancro llo impediu. Unha muller que acreditaba na amizade como motor de todas as cousas, así como no colectivo como a ferramenta máis poderosa ao noso alcance como sociedade. Esta Begoña Caamaño é a que contan Eva Mejuto e Beatriz Maceda en Os fíos de Begoña e Begoña ou o pracer da amizade, que edita Xerais e xa están nas librarías
"Cando tanta pantalla acabe por saturarnos, o teatro, coa sinxeleza do presente e do físico, seguirá aí"
No décimo aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego regresa aos escenarios nunha nova versión da man de Cándido Pazó. A obra conta cun elenco formado por Xúlio Abonjo, Mónica García, Santi Romay, Manuel Cortés, Ana Santos, Federico Pérez Rey e Iris Darriba, e coa música orixinal de Xosé Lois Romero
- Reportaxe #DefendeAGalega
- Política
400 'venres negros': a mobilización continúa ante o "desmantelamento" da TVG e da Radio Galega
O persoal dos medios públicos mobilizado en Defende a Galega chega case oito anos despois aos 400 'venres negros' coa dignidade intacta. Porén, advirten de que o desánimo medra polo incremento da "privatización" da programación e a redución paulatina de redaccións e equipos técnicos propios
Igualdade pide "maior coordinación" contra a violencia machista: 66 concellos galegos xa están en VioGén
Cando os casos de violencia de xénero son coñecidos polo sistema policial, xudicial e institucional, aumentan para a vítima as posibilidades de saír desta violencia e redúcese o risco de asasinato, salienta o Ministerio de Igualdade
Persoal sanitario pide non "normalizar" o "colapso" de Urxencias e a Consellería lígao ás infeccións respiratorias
"Sen unha aposta real pola Atención Primaria, tal e como alertan os propios coordinadores de Urxencias, o colapso seguirá cronificándose", asegura a Comisión de Centro do CHUAC
- Reportaxe
- Cultura
Novas maneiras de contar ás crianzas: os libros como "espazo propio" dende os primeiros anos de vida
Lecturas non dirixidas, con maior peso da imaxe e con atención ao deseño gráfico. Con temáticas diversas máis alá do eido escolar e coa intención de emocionar e divertir. Así definen a edición infantil as profesionais encargadas de que os libros cheguen a materializarse
"En 'Traspielas' convido a reflexionar sobre estar presente, entender a terra e todo o que significa"
Su Garrido Pombo ve a música como parte esencial da vida, nunca como un espectáculo ou un adorno. Así entende a responsabilidade de facer música e, en parte por iso, presenta agora un proxecto que vai máis alá da música: Traspielas. Un álbum que quere capturar a comunidade da aldea, a lembranza dos seráns coa súa avoa e as veciñas cantando estas cancións que quere gravar xunto a Macarena Montesinos, Iago Ramilo, Marco Maril e Fran Rodríguez Casal
"Colapso continuado" nas Urxencias dos hospitais de Vigo e A Coruña
"Saturación", "atrasos" e pacientes "amontoados nos corredores". Os servizos de Urxencias dos hospitais de Vigo e da Coruña declaran o "colapso extremo" e critican a "inacción" e "improvisación" da Consellería de Sanidade. "Nunca vimos Urxencias así, nin coa COVID", relatan as traballadoras
'No seu lugar, outro': a Galicia urbana retratada por escritoras e cineastas nunha serie de miradas diversas
Na serie 'No seu lugar, outro', que se pode ver en Agalega.gal, o reto é retratar Galicia a través das súas creadoras contemporáneas. Poesía e cinematografía conflúen a partir das palabras de Berta Dávila, Lucía Aldao e Keith Payne, que os directores Álvaro Gago, Coral Piñeiro e Fran Rodríguez Casal reinterpretan coa cámara
As agresións machistas non cesan no inicio do ano: detidos no Porriño, Vilagarcía e na Coruña
Tres detidos nos primeiros días do ano en Galicia por violencia machista. Hai unha muller ingresada na UCI pola gravidade das feridas, un caso de presunta agresión sexual e outro de violencia física dentro da parella
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Acontece
Quen 'aguanta' traballando nas urxencias do PAC? Médicos acusan a "degradación" pola "masificación"
"O que antes podiamos chamar unha garda mala, agora é unha garda normal. É dicir, que non hai gardas boas, temos gardas malas ou pésimas", aseguran médicos e médicas dos puntos de atención continuada (PAC), unhas prazas cada vez máis difíciles de cubrir. "Deixaron que a situación se deteriore tanto que agora a solución é cargarnos con máis traballo e máis horas", critican
- Entrevista | Sandra Lodi
- Cultura
"Interesábame darlle unha volta á visión vulnerable das señoras maiores"
Sandra Lodi está a percorrer o país co seu primeiro cómic, Adelina, a historia dunha muller que foxe da residencia de maiores na que vive e inicia un periplo para volver ao seu fogar. Un camiño no que deixa claro que mantén a súa dignidade intacta. Esta obra, publicada por Galaxia o pasado mes de novembro, recibiu o Premio Castelao de banda deseñada na edición de 2024.