
Red Eléctrica programou un sistema vulnerable o día do apagamento e as privadas tampouco reaccionaron
O primeiro informe oficial do Goberno de España sobre o cero eléctrico reparte culpas entre o operador do sistema e as grandes compañías
O primeiro informe oficial do Goberno de España sobre o cero eléctrico reparte culpas entre o operador do sistema e as grandes compañías
Coa investigación oficial baixo segredo, as compañías revelan en público datos internos para desligárense da orixe do suceso do 28 de abril. Red Eléctrica, operador semipúblico do sistema, acusa as enerxéticas de incumpriren coas súas obrigas de regulación de tensión e ocultárenllelo
O Goberno galego impulsa un protocolo que fixará o contrario do que decretou inicialmente na apagada do 28 de abril, cando o Goberno de España obrigouna a reabrilos para facilitar a conciliación das familias
O presidente non desmente ao socialista pero acúsao de ser el o "ausente" da política galega
A socióloga María José Andrade Suárez, o psicólogo experto en adiccións Antonio Rial Boubeta e a psicóloga clínica especializada en emerxencias Ana María Núñez axúdannos a debullar a nosa dependencia da electricidade, como enfrontar o sucedido este 28 de abril e cales son as cuestións máis pertinentes sobre as que reflexionar agora que sabemos que algo así pode volver a suceder.
Sábese (máis o menos) o que pasou pero non as causas exactas do sucedido. Practicamente todas as posibilidades seguen abertas, aínda que si se descarta xa algún tipo de accidente ou problema técnico ou algún "estraño fenómeno meteorolóxico". Buscamos o contexto do apagamento e falamos con Pablo Álvarez, técnico da cooperativa Unión Renovables, que pide un "debate repousado" e "aprender dos fallos, avaliar e facer melloras no sistema enerxético". "Investir na mellora do sistema eléctrico é unha decisión sobre o uso dos cartos dos nosos impostos", conclúe