
A RAG celebra as cantareiras, "exemplo luminoso" para unha nova política de "entusiasmo" polo galego
A Academia celebra en Malpica un Día das Letras que "celebra o pasado e mira ao futuro": "O tradicional é moderno", proclama a institución, que reclama unha "reformulación a fondo da política lingüística". "Precisamos mensaxes de entusiasmo acompañadas de compromisos tanxibles", "precisamos saír de vez do bucle interminable das polémicas estériles, resalta o presidente da RAG, Henrique Monteagudo. Do que se trata ao cabo, resalta, é de poder "vivir tranquila e plenamente" en galego, "con alegría e sen limitacións"