
- Entrevista | Antón Santamarina Letras Galegas 2025
- Cultura
"A estima polo noso cantigueiro tardou en espertar, pero non parou de medrar desde os 70"
Antón Santamarina é autor, xunto a Dorothé Schubarth, do Cancioneiro popular galego. Ten parte de responsabilidade na decisión da Academia e confesa que nunca antes viu tanto entusiasmo arredor da celebración das Letras Galegas como este ano, dedicado á poesía popular oral e ás cantareiras. Lingüista especializado no ámbito da lexicografía, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, académico na Real Academia Galega e membro do Instituto da Lingua Galega; sen as súas achegas sería impensable estar festexando estas Letras