2 feminicidios en 15 días, 4 intentos de asasinato nun mes: a Xunta non accede a crear un comité de crise
O BNG propón crear un comité de crise para "avaliar cada un dos casos de violencia machista máis recentes e revisar se algo fallou". O presidente da Xunta responde: "Seguiremos traballando con independencia de que haxa ou non que facer un comité de crise"
"Non temos a educación emocional suficiente para implicarnos no papel de coidadores"
Abellón, de Fon Cortizo, foi unha das doce curtas internacionais seleccionadas no Festival Internacional de Cinema de Moscú entre as 1.600 propostas recibidas para participar na competición oficial, e levou o premio á mellor obra. A través da historia de Álex, un mozo que traballa audiodescribindo películas para persoas con cegueira, a curta mergúllase nunha exploración íntima sobre a percepción, a identidade, a masculinidade e os coidados
- Bruxelas | Enviada especial Dereito á vivenda
- Política
Vivendas ou inmobles? O BNG pide en Bruxelas "planificación de país" fronte á emerxencia habitacional
Housing for all peoples, vivendas para todo o mundo, é o lema da xuntanza sobre a crise da vivenda organizada polo grupo da Alianza Libre Europea, no que se integra o BNG, esta semana en Bruxelas. "É máis necesario que nunca un fondo europeo de vivenda", asegurou a eurodeputada Ana Miranda, que levou a unha delegación de representantes locais do Bloque
Mulleres Salgadas di que o apoio de Rueda a Villares contribúe ao "negacionismo" das violencias machistas
A asociación galega de mulleres do mar Mulleres Salgadas resalta que "a violencia machista non é un asunto privado, como declarou Alfonso Villares na súa dimisión", e incide en que se trata dun asunto público
- Entrevista | Carmen V. Valiña
- Cultura
"Elas teñen a vontade de seguir resistindo, aínda que sexa dentro dos muros dun manicomio"
Calquera de nós podería ser elas. No ensaio 'As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo (1885-1936)', editado por Galaxia, Carmen V. Valiña aporta unha mirada con perspectiva feminista das anotacións nas historias clínicas e a correspondencia destas mulleres que acabaron ingresadas en Conxo a pesar de non ter un diagnóstico de trastorno psiquiátrico en moitos casos
- Reportaxe
- Cultura
Oliver Laxe: "O cinema segue sendo un espazo onde experimentar cousas fortes que xa non experimentamos na vida"
"A película quería recoller este cheiro a fin de ciclo que creo que temos todos de maneira realista, non nihilista. Asumámolo e afrontémolo. Desertemos iso de facer a paz con guerra, ou de crer que as armas nos dan seguridade", afirma Oliver Laxe sobre 'Sirat'. O filme chega ás salas de cinema o 6 de xuño tras colleitar dous premios no Festival de Cannes e coa porta aberta ao mercado estadounidense
Unha 'illa' sen fibra óptica na Limia: mocidade de Moreiras pide poder teletraballar na aldea
"Estamos a dous quilómetros de onde está a fibra, poderían enganchala desde o pobo anterior ou o seguinte; pero ninguén nos fai caso", explica Ariadna Losada, veciña de Moreiras e membro da asociación Teleclub Moreiras
Costas nega á parella de Feijóo a concesión do acceso á praia do seu chalé en Moaña
A Dirección Xeral de Costas do Goberno de España vén de rexeitar a solicitude de Eva Cárdenas para o acceso directo á praia do Con desde a súa vivenda en Moaña
SOS Sanidade Pública tenta conseguir os datos "reais" das listas de espera no Sergas
"SOS Sanidade Pública vén constatando que as listas de espera son un serio problema para a cidadanía, que ocasionan sufrimento, ansiedade e que incrementan o número de consultas, tanto en atención primaria como en urxencias e nos hospitais", aseguran
Oliver Laxe, de Cannes aos Ancares: "Confío no poder das imaxes"
O cineasta lucense Oliver Laxe viaxou do Festival de Cannes, onde recibiu o premio do xurado, ata Navia de Suarna para compartir 'Sirat' coas súas veciñas antes de que o filme chegue ás salas de cinema o 6 de xuño
A mocidade galega toma a palabra e pide máis transporte público, vivendas dignas e igualdade no ensino
Medio cento de mozos e mozas de entre 14 e 18 anos de cinco concellos galegos reuníronse en Allariz para participar no primeiro encontro do proxecto 'Red Compás: juventud europea y participación' no noso país, onde elaboraron un manifesto que presentarán no Parlamento europeo
Paulo Carril, reelixido secretario xeral da CIG: "Aspiramos á transformación revolucionaria da realidade"
O IX Congreso da Confederación Intersindical Galega renova a confianza en Paulo Carril como secretario xeral. Baixo o lema 'A Forza da Nosa Clase. Traballo. Dereitos. Soberanía', a CIG elixiu este sábado a nova executiva confederal e a comisión de garantías