- Entrevista | Yolanda Castaño
- Cultura
"Noutras épocas supostamente as mulleres aspiraban a seren mantidas, agora é a nosa fobia máis radical"
Yolanda Castaño fala de precariedade, autoexplotación, machismo, coidados, débedas e expectativas nun poemario que non deixa indiferente. A falsa autónoma, que vén de publicar Xerais, gañou o Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña en 2022 e, desde entón, a vida cambiou moito para a poeta compostelá, que recibiu o Premio Nacional de Poesía por Materia (Xerais, 2022) hai dous anos e agora ten unha axenda aínda máis esixente que antes
Sanidade volve recorrer á voluntariedade dos médicos en formación para cubrir o verán
Contratar a residentes de Medicina de Familia e Pediatría nos seus últimos meses de formación para que consulten "con supervisión" volve ser o plan da Xunta para a época estival
Veciñanza da Limia denuncia no TSXG vulneración de dereitos fundamentais pola contaminación do encoro das Conchas
A Asociación de veciños das Conchas, así como varios veciñas e veciños da Limia a título individual, e a Federación de consumidores y usuarios CECU presentan unha denuncia por vulneración de dereitos fundamentais ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola "inviable" situación que viven desde hai máis de quince anos coa contaminación no encoro das Conchas, derivada da cría intensiva de gando porcino e aviar
'Fábrica de fume': teatro comunitario no CDG para levar a escena os conflitos laborais
'Fábrica de fume' é unha obra de teatro comuntario, dirixida por Ana Fontenla e Celina Fernández Ponte, que se representa os vindeiros domingos no Salón Teatro de Santiago, unha coprodución co CDG e a FEGATEA
Hugin e Munin: "Estamos todo o día entre libros"
A editorial Hugin e Munin nace do profundo amor pola lectura do seu fundador, o tradutor e editor Alejandro Tobar, que quixo crearse unha alternativa laboral en Galicia para regresar da emigración e, á vez, aportar valor engadido á cultura propia. Xunto á tradutora e crítica literaria Isabel Soto forma equipo desde Compostela cun catálogo que xa supera os 130 libros traducidos ao galego desde 2011.
"A memoria é un pasado que aínda pasa polo corpo, que se transmite pola pel"
Verónica Estay Stange participou nas xornadas 'Memoria Democrática, Feminista, Laboral' que acompañan a exposición de Mar Caldas 'Mulleres, traballo e memoria' no CGAC, en Santiago. Filla de sobreviventes da ditadura de Chile e sobriña dun criminal colaborador da ditadura, a docente na Universidade de París Cité centrou a súa conferencia na posmemoria e a súa presenza na cultura visual
- Obituario
- Cultura
Adeus a Anna Turbau, a fotógrafa que retratou as loitas e a alma de Galicia
A fotoxornalista catalá Anna Turbau finou este mércores aos 76 anos de idade. Ela colocou no mapa a realidade do poboado xitano do Vao, retratou as persoas ingresadas no hospital psiquiátrico de Conxo, acompañou as grandes manifestacións do naval en Vigo e, en definitiva, retratou as loitas e a alma de Galicia nos anos da Transición
- Entrevista | Isabel Risco
- Cultura
"Fronte ao esmorecemento estamos a xente que queremos seguir existindo"
Isabel Risco volve vestir o traxe de superheroína no espectáculo As Aventuras de Nabiza Girl. O estraño caso da Cultura Minguante, co que está de xira polo país. A Nabiza Girl xa viviu varias vidas fóra dos escenarios, agora regresa ao carón do público para loitar polo seu compromiso coa igualdade e co galego. Este 14 de marzo o espectáculo chega ao Centro Ágora da Coruña, estará en Barbadás o día 28 e en Muros o 5 de abril
Expertos calculan mil millóns de sobrecusto no financiamento escollido pola Xunta para o hospital de Vigo
"A mellor opción sería a creación dunha empresa pública para financiar a construción e posta en marcha do hospital", conclúe o traballo de análise do modelo de financiamento de iniciativa privada empregado pola Xunta de Feijóo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, publicado na revista especializada International Journal of Healthcare Management por Francisco Reyes, Mª Fe López e Sergio Cinza
A maioría do PP no Parlamento certifica o "enterro" da CRTVG cunha nova lei de medios recibida en folga
"A semana pasada houbo o enterro da sardiña e hoxe enterramos a CRTVG". Traballadoras e traballadores dos medios de comunicación públicos galegos volveron á folga este 11 de marzo mentres o pleno do Parlamento aprobou, coa maioría absoluta do Partido Popular, a Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital
Dereitos, igualdade e empoderamento: un 8M por e para todas que vence á choiva en Galicia
Centos de mulleres marcharon nas vilas e cidades galegas este sábado no Día internacional da muller. Houbo múltiples mobilizacións, convocadas pola pluralidade de colectivos feministas do país
O PSdeG sae do seu XV Congreso coa convicción de ser "a alternativa" pola esquerda en Galicia
Besteiro revalida o seu liderado no PSdeG: "No noso ADN non está ser oposición porque nós somos a alternativa, somos útiles en Galicia porque sabemos gobernar". Lara Méndez convértese na secretaria de organización do PSdeG e Carmela Silva mantén a presidencia tras renovar a executiva dos socialistas galegos