Nova Galega de Danza celebra os vinte anos da compañía con tres espectáculos en escena
'Dique', 'Berro' e 'Leira' son as tres pezas de danza que a compañía Nova Galega de Danza programa para o seu vinte aniversario. Co apoio da Deputación da Coruña vai encher o Teatro Colón este venres, sábado e domingo
SOS Sanidade chama a "reconstruír" a área sanitaria de Vigo para que sexa "100% pública e de calidade"
A plataforma convoca unha manifestación este xoves co lema 'Reconstruír a área sanitaria de Vigo', que sairá ás 19h da Praza dos Cabalos ata o cruce de Urzaiz con Colón
"A cultura é cultura, non se trata do orzamento senón do que ti poidas ou queiras transmitir"
O último home sitúanos na extinción da humanidade. O actor, poeta e dramaturgo Manuel Cortés volve á poesía e a leva a escena mesturada coa comedia, pois non podía ser doutra forma. Para esta nova aventura teatral conta con Borja Fernández na dirección, o espazo sonoro de Russ en directo, o espazo escénico de Carlos Alonso, o deseño de iluminación de Laura Iturralde, o vestiario de Elena Cortés e os audiovisuais de Samuel Cortés
"Convócanos sempre e únenos a todos": o Ano Castelao comeza ao pé do Panteón no seu 75 cabodano
"Temos que celebrar a Castelao porque é o home que nos fixo e nos fará sempre mellores", asegurou Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao, este martes no acto cívico polo 75 cabodano do intelectual, político e creador galego que morreu no exilio en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950
- Reportaxe
- Lecer
Festivais de música como agasallo polo Nadal: a anticipación do ocio chegou para quedar
A "vivencia colectiva da música" vén do principio dos tempos e coa forma dos festivais de música ocupa as principais datas de vacacións e ocio do ano. Analizamos con festivais galegos como o Fa Ce La Fest de Lugo, o SonRías Baixas de Bueu, o Osa do Mar de Burela e o FIV de Vilalba a anticipación na venda de abonos, convertidos en agasallos de Nadal
Científicos europeos reclaman "gobernar" os océanos para mitigar os efectos do cambio climático e a contaminación
"O océano non poderá proporcionar os servizos que a sociedade necesita sen unha gobernanza eficaz", salienta o informe 'Navigating the Future VI' do European Marine Board, que representa a máis de dez mil persoas que investigan en ciencias mariñas en Europa
- Entrevista | Antía Yáñez
- Cultura
"Se as protagonistas desta novela tivesen saúde mental non habería vinganza"
Antía Yáñez presenta unha historia que pode parecer distópica na que unha clínica de fertilidade provoca a catarse nas vidas de tres persoas que deciden actuar da maneira que menos se esperaría delas. O clan das barbies (Xerais) ten a extensión xusta para narrar como medra a espiral da violencia nestas personaxes porque para a autora a ficción está precisamente para contar o que na realidade non sucede.
- Reportaxe
- Ciencia e tecnoloxía Santiago
Alianza galego-chinesa para estudar os ancestros dos buracos negros
Un equipo de investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e a Universidade Chinesa de Hong Kong vén de publicar en The Astrophysical Journal un artigo no que se propón un novo método para reconstruír a 'árbore xenealóxica' dos buracos negros
- Reportaxe As Letras de Luísa Villalta
- Cultura
A obra inédita de Luísa Villalta que peta na nosa conciencia
A editorial Galaxia publica o Teatro completo de Luísa Villalta, coa edición de Henrique Rabuñal; a Poesía inédita e dispersa ao coidado de Pilar Pallarés e Miguel Mato; e a Narrativa inédita e dispersa, baixo a edición de Daniel Chapela. Tres volumes que van incentivar o estudo da obra de Villalta máis alá dos marcos da homenaxe da Real Academia Galega, coa que as súas poesías, novelas, pezas teatrais, músicas ou ensaios están a chegar a novos públicos tan frescas como o primeiro día
Os nomes da Xunta para renovar o plan lingüístico apenas cumprido tras vinte anos
Xoaquín Monteagudo, Concha Losada, Armando Requeixo e Edita de Lorenzo están entre os responsables das comisións de traballo para "actualizar" o Plan xeral de normalización da lingua galega, que vai coordinar de novo o profesor e académico Manuel González. O equipo recolle o testemuño do que traballou no proxecto aprobado por unanimidade en 2004, que tivo que comezar a aplicar o Goberno de coalición PSdeG-BNG e do que o PP se desmarcou alegando "imposición" para despois reducilo a "remuíño de ideas" ao retornar á Xunta
Besteiro chama a atender os problemas da "Galicia real" e pide "sumar esforzos" no Congreso do PSdeG que vén
"Imos sumar a todos os socialistas e as socialistas que forman este partido para facer un Congreso baseado na igualdade e nos retos que ten que ter Galicia e, por tanto, o PSdeG, para os vindeiros anos", sinalou o secretario xeral
Un estudo do Ministerio estima que hai máis de 184.000 mulleres en situación de prostitución no Estado
A delegada do Goberno contra a violencia de xénero sinala que "en 2023 polo menos 114.576 mulleres de 18 anos en diante estaban en situación de prostitución no noso país a través de anuncios web". As estimacións do maior estudo realizado sobre a materia apuntan que pode haber "aproximadamente entre 152.735 e 184.234 mulleres" nesta posición.