- Entrevista | Fernando Ramallo
- Cultura
"É moi lamentable que unha sociedade do século XXI teña prexuízos lingüísticos"
O libro 'Que pasa co galego? 32 preguntas sobre a situación social da lingua', publicado por Edicións Xerais, está escrito polo catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, que formou parte do Comité de expertos da Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa, pero diríxese ao conxunto da sociedade que convive coa lingua. Nel atópanse cuestións como o uso do galego nas redes sociais, o bilingüismo, a relación coa Lusofonía, a intelixencia artificial, os dereitos lingüísticos ou a influencia do capitalismo sobre a lingua galega
O Sergas axiliza operacións e probas antes da campaña e penaliza os pacientes en lista de espera que escollen a pública
Profesionais do Sergas de distintas áreas sanitarias confirman a Praza.gal que estes días recibiron ordes de priorizar intervencións ou consultas de doentes con máis dun ano nas listas de espera ou que se lles instou a realizar quendas a maiores da súa xornada para adiantar citas pendentes
- Entrevista | Grande Amore
- Cultura
"Gústame expoñerme nas cancións e contar máis do que lle diría a unha persoa de normal"
Para Nuno Pico (O Valadouro, 1995) a saída do seu segundo disco, titulado así, II (Ernie Records, 2023), supón o maior reto ata hoxe. Loitar contra si mesmo para permitir que as súas cancións sexan como el quería en realidade, crúas e directas. Deixarse asesorar por Carlangas na produción, tras longas conversas, fixo brillar aínda máis esa maxia particular que ten Grande Amore, no que xa non está só Nuno tras a incorporación primeiro de mariagrep e máis tarde de Clara Redondo.
Proxecto Xenoma: o ADN de 400.000 galegas e galegos servirá para avanzar na Medicina personalizada
400.000 galegas e galegos participarán no Proxecto Xenoma Galicia para "coñecer máis sobre as bases xenéticas das enfermidades" e avanzar na creación de modelos cos que se procura anticipar a aparición das doenzas
Cantas decisións queremos que tome o algoritmo por nós?: a compañía Souvenir debuta cunha obra que mestura a IA co turismo
A compañía teatral Souvenir, creada por María de las Llanderas e David Alonso, estrea 'Non é unha canción' este venres no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Unha obra "meta-teatral e autoreferencial" que xira entorno á súa relación coas intelixencias artificiais (IA) e o universo estético do turismo de masas
A Xunta prescinde da colaboración directa con Adega para o voluntariado ambiental e reivindica o seu operativo cos 'pellets'
Adega "confirma a negativa" da Xunta para "outorgar soporte ao voluntariado ambiental" para a limpeza de 'pellets' e outro lixo mariño das praias que están a levar a cabo e, por outra banda, critica a "non renovación" do convenio que sustenta o Proxecto Ríos, "a iniciativa galega de formación e divulgación ambiental con maior traxectoria"
- Reportaxe
- Cultura
'Iribarne': unha traxedia sobre as múltiples faces de Fraga cun pouco de comedia "para sobrevivir"
"Cada un levamos un pouco de Iribarne dentro e pensamos que estaba ben poder sacalo en escena a xogar", di a dramaturga, actriz e produtora da obra Esther Carrodeguas. Coas estreas en Madrid e Vilalba superadas, a peza inicia a súa xira para achegarse a este personaxe capital da nosa Historia recente, que resulta tan "difícil de abordar"
- Reportaxe Crise dos 'pellets'
- Acontece
O pobo vence a "inacción": así se recollen os 'pellets' en Muros
Voluntarios e operarios recollen a diario o granulado de plástico que chega ás praias de Muros. Na de Area Maior, un espazo natural destacado, a cantidade varía pero a "marea branca" non cesa. A alcaldesa cualifica como "inexistente" a xestión da Xunta desta crise dos 'pellets'. "Temos claro que da praia non se van retirar nunca porque é imposible quitalo todo, as bólas son minúsculas e están mesturadas coa area, moitas xa enterradas. O que non sabemos é cando o mar vai deixar de traelas ata a costa", di a voluntaria María Candamo.
Enfermeiras e auxiliares da UCI de Ourense alertan de que as obras no hospital poñen "en risco" a atención aos doentes
Profesionais de enfermería e auxiliares de enfermería da UCI do hospital de Ourense denuncian "graves eivas" nas novas instalacións da unidade de críticos como que non poden ver aos doentes desde o control de enfermería e que non son quen de escoitar fóra as alarmas dos monitores aos que están conectados os doentes pola excesiva insonorización dos novos boxes. "Estamos con medo a que pase calquera cousa e non nos decatemos", din as enfermeiras. O Sergas, pola súa banda, "desmente totalmente" a situación.
- Entrevista | Caamaño&Ameixeiras
- Cultura
"As letras do disco foron creadas nos bares"
Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, Caamaño&Ameixeiras, apostaron forte no seu segundo disco, 'Quitar o aire', e optaron polo carreiro máis inesperado, por explorar os instrumentos que as trouxeron ata aquí –o violín e mais o acordeón– seguindo as súas propias normas.
Unha manifestación ante a "impunidade" na crise dos 'pellets' reclamará "transparencia" á Xunta
O domingo 21, ás doce do mediodía, unha manifestación partirá da alameda de Santiago de Compostela ata a praza do Obradoiro baixo o lema "en defensa do noso mar". Convocada por plataformas en defensa das rías, ecoloxistas e confrarías ante a "impunidade" da contaminación do mar e a falta de accións coordinadas na crise dos 'pellets' e mais de "transparencia" nas informacións desde a Xunta
"Non inhalar o po" e "evitar o contacto coa pel e os ollos": as recomendacións dun informe encargado pola Xunta sobre os 'pellets' que non fixo públicas
En caso de "vertedura accidental" é preciso "non inhalar o po" e "evitar o contacto coa pel, os ollos e a roupa cando se proceda á limpeza da vertedura". Son as recomendacións dun informe especializado que a Xunta non compartiu coa poboación que está a tratar de limpar as praias