- GALERÍA Altri
- Movementos sociais
Milleiros de persoas ateigan Compostela contra Altri: “Galicia enteira rexeita esa pasteira!”
“Rueda, recúa, a auga non é túa” foi un dos lemas que e puido escoitar este domingo polas rúas de Santiago, ateigadas por unha marea de persoas chegadas de toda Galicia co propósito de paralizar a instalación da factoría pasteira de Altri en Palas de Rei. Unha hora despois de saír a cabeceira, aínda non arrancaba a parte final da manifestación, no que para moitos foi unha mañá histórica, tal e como previñeran Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
"Isto non está montado para que a unha tipa gorda e bollera lle pareza o mellor plan do mundo dedicarse á música"
Lucía Aldao di que leva toda a vida facendo o mesmo: xogar coas palabras. A poeta e compositora coruñesa publica o seu terceiro disco como Pava e estrea banda xunto a Analís, David Santos e Pablo Silva. Tras recibir o Premio Martín Códax 2023 na categoría Pop e Indie presentan Pava 3, cinco cancións a non perder que se poderán escoitar só en formato dixital a partir do 19 de decembro
- Reportaxe Contra a violencia machista
- Acontece
No fogar, en domingo ou nas vacacións: unha análise dos 58 asasinatos machistas de 2023
No ano 2023 cometeuse no conxunto do Estado un asasinato por violencia de xénero cada 6,3 días de media, é o peor ano a respecto dos feminicidios desde 2015. A xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido, especializada en violencia sobre a muller, asegura que os datos confirman que "cando se denuncia hai menos posibilidade estatística de que che pase algo grave"
As mariscadoras vense "abandonadas" pola Xunta e reclaman axudas pero non "propaganda"
Representantes das agrupacións de marisqueo a pé da Illa de Arousa, Carril, Vilaxoán, Rianxo, O Grove e Noia critican que "as axudas da Xunta non se corresponden coa súa propia cualificación de situación catastrófica do marisqueo" e inciden en que "deberían facer público que porcentaxe das axudas se executaron para que poidamos diferenciar a propaganda da realidade"
Pontevedra, única provincia en risco medio por baixas temperaturas
O Ministerio de Sanidade puxo en marcha un sistema de avisos para informar á cidadanía cando a temperatura mínima prevista sexa inferior á temperatura limiar de impacto na saúde e sitúa a Pontevedra no nivel dous, cun risco medio para a saúde por tempo frío
"Se vos identificades con estes sinais, saíde correndo": Ana Peleteiro comparte a violencia machista que sufriu
A atleta de Ribeira relata as diferentes agresións e vexacións que sufriu nunha relación de parella no pasado co obxectivo de axudar a que outras mulleres que poidan estar sufrindo estas violencias machistas sexan quen de identificalas. A repercusión do seu vídeo en TikTok provocou numerosas reaccións que lle recriminan por que non denunciou eses feitos na Policía
- Entrevista | Elías León Siminiani
- Cultura
"Fascinoume a idea de recuperar unha utopía nun tempo de distopía"
O documentalista Elías León Siminiani dirixe a serie 'El circo de los muchachos', producida por Vaca Films e Amazon, que xa se pode ver na plataforma de Amazon Prime. A historia do que sucedeu en Benposta narrada de principio a fin, con entrevistas dos xornalistas Marga Pazos e Luís Pardo a moitos daqueles nenos que formaron parte do proxecto do cura Jesús Silva
Onde está Vigo nas luces de Nadal?
O éxito do proxecto municipal que publicita Vigo como a cidade "onde vive o Nadal" é innegable. Como campaña de marketing a gran escala cumpre todos os requisitos, pero, onde queda a identidade de Vigo en todo isto? Os historiadores Xoán Carlos Abad e Mercedes Bangueses, o editor e cronista da cidade Manuel Bragado e a profesora de filosofía e exdeputada Carme Adán analizan o fenómeno das luces na cidade olívica.
- Entrevista | Catuxa Salom
- Cultura
"Aínda que cante sobre o amor busco sempre como darlle unha volta máis para dar pé á reflexión"
Catuxa Salom vén de publicar o seu primeiro álbum, Caldo, no que pon en valor a rede de coidados que experimenta onde vive, na comarca da Ulloa. A fusión de ritmos indíxenas arxentinos, o folclore galego e as bases electrónicas consolídanse neste disco que presentará en directo en 2025.
O hospital de Ourense acumula a maior lista de espera de Galicia para consultas e cirurxías
A Consellería de Sanidade publica a 5 de decembro os datos sobre as listas de espera no Sergas que se corresponden cunha foto fixa do mes de xuño. Confirma así os 72 días que de media ten que esperar unha persoa en Galicia para unha operación e os 71,6 días que hai que agardar de media por unha cita para unha consulta médica nos hospitais do Sergas.
Jácome substitúe as roldas de prensa por emisións dende o salón de plenos na súa televisión privada
O alcalde de Ourense emprega o salón de plenos do Concello para a retransmisión da primeira "rolda informativa", que emitiu en directo a través da canle de YouTube da televisión privada da súa propiedade, Auria TV
Unha marcha en defensa da pluralidade dos medios públicos chama a cidadanía a "liberar a CRTVG"
A manifestación convocada polo persoal en folga percorreu as rúas de Santiago en defensa da independencia da televisión e da radio públicas e da "produción propia", fronte á externalización de espazos informativos. Con todo, destacouse que "esta folga non é polo Termómetro", senón "por todo o que os medios públicos deixaron de ser e malia todo debían ser"