Galicia érguese contra o machismo no fútbol
O discurso contra "a lacra do falso feminismo" do presidente da federación española tras os seus comportamentos machistas no Mundial provoca críticas desde diversos sectores da sociedade galega
- Entrevista | Silvia Penide
- Cultura
"Guitarra, papel e boli tamén son unha pequena revolución"
Silvia Penide leva vinte anos de carreira na música e celébraos coa edición do seu primeiro disco de vinilo, Mientras dura el aplauso, unha recompilación de cancións das últimas dúas décadas a dúo con outras artistas como Guadi Galego, Ugía Pedreira, Eladio Santos ou Víctor Manuel, que só está dispoñible en formato físico. Para esta artista de Arteixo os concertos son espazos de conexión co público, que a acompaña e sen o que non tería sentido seguir facendo música.
- Reportaxe
- Lecer
Festivais de música, en risco de 'morrer' de éxito?
Este verán a oferta de festivais desborda a demanda dos públicos, con exemplos de desprezos a artistas sobre o escenario en propostas tan variadas como os tamaños de letra dos seus carteis. Achegámonos á visión da asociación Fanto Fantini, organizadora do Osa do Mar en Burela, a través do seu presidente, Diego Campo; á do organizador do Revenidas en Vilaxoán de Arousa Xoán Quintáns; e á do co-director do Sinsal Julio Gómez para analizar que supón celebrar hoxe un festival.
- Entrevista | Luís Pérez Barral Municipais 28M
- Política
"Conseguimos antepoñer os intereses das veciñas e veciños ante as ideoloxías e calquera tipo de interese partidista"
Luís Pérez Barral é o primeiro alcalde nacionalista de Ribeira, gobernada pola dereita desde o ano 1987. Un pacto de goberno co Partido Barbanza Independiente (PBBI) e o PSdeG "antepoñendo os intereses veciñais" aos das siglas acabou coa hexemonía do PP no principal concello do Barbanza. "Ribeira precisa de maiores zonas verdes, estabamos ancorados nun proxecto de goberno no que o único que se facía era aumentar o cemento, a herba de plástico e as palmeiras", asegura o rexedor do BNG
O BNG reclama a posta en marcha do protocolo contra as agresións sexuais no ocio nocturno aprobado polo Parlamento en febreiro
No primeiro trimestre do ano denunciáronse 43 agresións sexuais con penetración en Galicia, un 10,3% máis que no mesmo período do ano anterior, segundo datos do Ministerio do Interior. No BNG reclaman que se acelera a publicación do protocolo de actuación en caso de agresións sexuais no ocio nocturno, aprobado por unanimidade no Parlamento en febreiro
- Entrevista | Adela Lestón Mans da Galicia que vén
- Acontece
"No mundo do mar hai poucas mulleres e a maioría non chega aos postos de mando"
A Asociación de mulleres do sector pesqueiro do Seo de Fisterra Ría Muros-Noia fíxose cun dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais do Ministerio polo proxecto da Aula sostible do Freixo, desenvolvido xunto as entidades de inclusión social Misela, Adisbismur e A Creba coa axuda do GALP Costa Sostible e o apoio do Concello de Outes. Falamos coa presidenta da agrupación, Adela Lestón Mayo.
A primeira votación da nova lexislatura constata que Feijóo non suma maioría e dá a presidencia da Mesa ao PSOE
A socialista Francina Armengol é a nova presidenta do Congreso para a lexislatura que comeza con 178 votos a favor. Neste escenario queda en evidencia que as opcións de Feijóo para chegar á Presidencia do Goberno pasan por unha repetición electoral.
- Entrevista | Mari Carmen Fernández Mans da Galicia que vén
- Acontece Lugo
"Por unha vez nos valoran ás mulleres no agro"
A Carqueixa vén de ser galardoada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación co segundo Premio de Excelencia á Innovación en Actividade Agraria, unha das categorías dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais, por tratarse da única cooperativa que comercializa online Tenreira Galega Suprema e contar cun organismo reitor paritario. "Se o rural non funciona a cidade non come", explica a cociñeira a gandeira Mari Carmen Fernández.
O medo non vencerá
Ana G. ListeTSXG e xuíces érguense ante as presións de Xunta e empresas polas sentenzas contra parques eólicos
O Superior critica a quen "cuestiona a actuación de maxistrados", en referencia ás recusacións de Greenalia a Luís Villares. Xuízas para a Democracia acusa a compañías de "pretender que un tribunal mude de criterio á marxe das vías legais" e lembra ao Goberno galego que "un responsábel político non pode atribuír a causa da inseguridade xurídica ás decisións dos tribunais".
Día 3 | A pola quinta maioría (agora en España) desde a praza de touros, ter memoria e 'influencers' da democracia
Terceiro día de campaña cara ao 23X cun multitudinario acto do PP con Feijóo desde a praza de touros de Pontevedra, un mitin en Foz do BNG con Pontón, un encontro coa mocidade socialista en Lugo e a proposta de "nacionalizar" a AP-9 de Sumar Galicia
- Reportaxe
- Acontece
Conciliar no verán: "Para calquera persoa cun menor de 12 anos isto é un calvario"
Non hai unha estrutura na Administración galega, nin na estatal, que se ocupe da conciliación. Complicada durante o curso escolar, que sucede nas vacacións máis longas do ano? Máis alá dos campamentos e outras actividades puntuais, as familias fan equilibrios nestas datas: "Este verán decidimos darlle descanso aos nosos fillos porque levan un tute moi grande cada vez que non teñen colexio, madrugando igual para ir a campamentos por conciliación".