25 olladas da paisaxe galega para presentar o colectivo artístico Poligonal
A mostra 'Paisaxe_0', impulsada polo colectivo Poligonal de Lúa Gándara e Olmo Blanco, funciona como unha radiografía para comprobar cun golpe de vista como se está a representar a paisaxe galega. Con obras de 25 artistas de disciplinas diversas, pódese visitar ata o 18 de abril na galería Metro de Santiago
- Reportaxe
- Cultura
Cinco concellos, cinco meses, cinco pezas teatrais e unha mesma idea: compartir o camiño
O proxecto 5x5 é a primeira acción do estudo de produción artística Fósforo, dirixido polo produtor José Díaz, e explora a vertente social do teatro traballando coa veciñanza de Vedra, Silleda, Lalín, Mazaricos e Allariz
A "visión impresionista" de Fernández del Riego sobre a súa Lourenzá natal
Francisco Fernández del Riego realiza en 'Lourenzá' unha serie de apuntamentos históricos, persoais e sentimentais sobre a terra que o viu nacer alá polo 1913. Sen vontade erudita, máis ben dun paseo pola memoria dun namorado da Mariña
Cando a metade do mundo parou o 8M: cinco anos da primeira folga feminista
Cinco mulleres que participaron da primeira folga feminista no Día Internacional da Muller de 2018 repasan aqueles días desde a sanidade pública, o sector agrogandeiro, o ensino, a investigación científica e o eido cultural: "Vivímolo como unha revolución"
A admiración de don Paco por Pondal e as sorpresas de Galaxia no seu ano das Letras
"Eran bicos de efusión á terra de onde se vén e a onde se vai", escribe Fernández del Riego sobre os versos de Pondal en 'Con Pondal en Bergantiños', o libro que inaugura a Biblioteca Fernández del Riego na Editorial Galaxia co gallo do Día das Letras para don Paco
- Entrevista | Ángeles Carmona Contra a violencia machista
- Acontece Santiago
"A reincidencia é a agravante que máis se impón nas resolucións xudiciais; os maltratadores persistentes son moi comúns"
A presidenta do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do CGPJ reclama pór en marcha unha especialidade xudicial propia para estas violencias e, mentres tanto, pide que a formación en igualdade para todos os axentes xudiciais sexa obrigatoria
'falAI': falar galego coas máquinas para que o aprendan
Gravar trinta frases para colaborar en que os sistemas de recoñecemento por voz comprendan o galego a través da Intelixencia Artificial é o reto que propoñen investigadores da Universidade de Vigo e a empresa Balidea con 'falAI' ás persoas galegofalantes
- Reportaxe Contra a violencia machista
- Acontece
"A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia
Dúas mulleres vítimas de violencia de xénero contan as súas experiencias de nove e tres anos cos dispositivos de control telemático que avisan de que o maltratador se achega e implica avisar á Policía. Piden máis recursos, mellorar a xeolocalización e "que haxa consecuencias" cando eles incumpren as medidas de protección. En todo o Estado hai 3.056 dispositivos en activo, segundo o Ministerio de Igualdade.
"Sen rede non es igual de libre": 'Soños' leva ao teatro os estigmas da mocidade tutelada
A ONG Igaxes e as produtoras Culturactiva e Artefeito únense neste proxecto para "chegar á xente a través da emoción, empregando o teatro como ferramenta para mudar a realidade", como resume a actriz Victoria Pérez. 'Soños' está escrita por Fernando Epelde, dirixida por Tamara Canosa e conta ademais cos actores Anxo Outumuro e Sara Ferro. Estréase o día 24 en Santiago
O comité da CRTVG denuncia que a dirección impediu informar de que a inflación supera en Galicia a media estatal
Catro traballadores da Radio Galega e da TVG foron trasladados do seu posto de traballo de forma "inminente" e o comité intercentros da CRTVG considera que se están a "vulnerar todos os códigos éticos da profesión xornalística"
O Sergas recoñece atrasos en citas de oncoloxía no hospital de Santiago por traslados previsibles de profesionais
A xerencia da área sanitaria de Santiago confirma "axustes de axenda" no servizo de Oncoloxía Médica do CHUS polas "incorporacións e traslados nos profesionais que acadaron un posto de traballo estable por oposición" e dá a situación por resolta
Unha masiva manifestación reclama "un cambio urxente" na política sanitaria da Xunta
Milleiros de persoas enchen a Praza do Obradoiro convocadas por SOS Sanidade Pública en demanda de solucións aos problemas da Atención Primaria e do conxunto do sistema público de saúde. A plataforma pide un incremento do orzamento sanitario e a "dotación inmediata do persoal mínimo necesario aos centros de saúde"