Día 2 | Mobilizar a mocidade, voto útil e "o cambio" desde a praza de touros
Segundo día de campaña para as eleccións xerais do 23 de xullo e os líderes dos partidos en Galicia continúan acompañando a candidatas e candidatos polas provincias. Este sábado, concretamente, coincidiron na provincia de Pontevedra.
Cargas policiais na folga do metal da provincia de Pontevedra mentres a patronal pide acabar cos paros para negociar
O quinto día de folga do sector do metal da provincia de Pontevedra pola negociación dun convenio digno remata cunha carga policial ás portas da factoría de Stellantis en Vigo. CIG, CCOO e UGT denuncian a "actitude inmobilista" da patronal, que pide a "desconvocatoria inmediata" da folga para continuar coa negociación
"O Atardecer no Gaiás é un agasallo": Rocío Saiz e Juancho Marqués abren o ciclo de concertos para os solpores do verán
Juancho Marqués e Rocío Saiz inician este xoves e venres o ciclo de concertos con acceso libre e de balde Atardecer no Gaiás, polo que pasarán nos meses de xullo e agosto artistas como Mariagrep, Biznaga, Jéssica Pina ou San Salvador
Profesionais da cultura de todo o Estado mobilízanse baixo o lema #StopCensura
#StopCensura: milleiros de traballadoras e traballadores do eido da cultura mobilízanse diante das cancelacións de diferentes eventos culturais das últimas semanas coa chegada a diferentes institucións locais e provinciais de representantes da extrema dereita.
- Entrevista | Marta Lois Cara ao 23X
- Política
"Sumar Galicia vén para quedar, queremos introducir demandas cidadás no sistema político institucional"
Marta Lois é a referente de Yolanda Díaz en Galicia para este proxecto e a candidata ao Congreso pola Coruña de Sumar Galicia, defende que a formación chegou para quedar e que a partir dos debates nos grupos de traballo elaborouse unha axenda ampla “non curtopracista, non electoral” e de país.
- 🔊 Reportaxe
- Cultura
Do real á ficción, sen saír da realidade: 'Mulleres que viven soas', un proxecto sonoro e teatral do que non se conta
'Mulleres que viven soas', da compañía Berrobambán, nace das historias que se contan nas vilas e que perviven entre a veciñanza, converteuse en contos orais e agora volve á pura realidade cos testemuños de mulleres que decidiron vivir soas e se escoitan nunhas pílulas sonoras que darán paso de novo á ficción no teatro.
- 🏳️🌈
- Movementos sociais
Día do Orgullo e de preocupación pola lexitimación dos discursos de odio: "O 23X xogámonos moito"
"A onda reaccionaria está aí e a xente vese lexitimada porque os primeiros que lanzan discursos de odio están en postos de poder e nas institucións públicas", di Alas A Coruña. O Día do Orgullo LGBTIQ+ chega con máis medo na rúa: "Hai máis agresións e medo a que custen vidas", sinala Nós Mesmas desde Vigo. "Ser visibles é a nosa gran ferramenta de defensa", salienta a Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+.
Identidades e disidencias sexuais: radiografía á diversidade en Galicia entre chamadas á formación e á empatía
Un centenar de persoas entre colectivos, profesionais, institucións e diferentes administracións pasou polo Foro Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura, coordinado por Carme Adán, para elaborar un documento que radiografía a situación do colectivo lgbti+ en Galicia e sinala os puntos urxentes nos que mellorar, sobre todo dentro das distintas Administracións públicas
- Entrevista | Ángel Suanzes
- Cultura
"Para min este libro é un proceso de soltar, igual que deixar a tele"
O xornalista e escritor Ángel Suanzes vén de publicar o seu segundo poemario, 'Os eucaliptos levan o lume dentro', editado por Néspera. Un libro no que fala desde a vulnerabilidade propia para abrirse e compartir uns sentimentos que como home non lle aprenderon a comunicar.
A Panadaría despide a 'Elisa e Marcela': "Agora somos máis conscientes do impacto que pode ter o teatro nas persoas"
"Superounos totalmente a acollida desta obra. Levamos seis anos de xira, 270 funcións, 12 premios. Non imaxinabamos que ía ser así", salienta Areta Bolado, da compañía teatral A Panadaría, sobre 'Elisa e Marcela', que están a despedir nunha xira especial que pasará por Santiago, Pontevedra, As Restrebas, Vigo, Monterroso, A Coruña e Ribadavia
Marta Lois e Manuel Lago encabezan a lista de Sumar ao Congreso pola Coruña e Marilar Aleixandre lidera a do Senado
Marta Lois encabeza a candidatura de Sumar Galicia ao Congreso pola Coruña, Verónica Martínez Barbero lidera a lista por Pontevedra, José Antonio Rodríguez Añón por Lugo e Alfonso Víctor Ferreiro Outomuro por Ourense. Lois defende que estas candidaturas "representan á Galicia progresista, sen matices e sen exclusións"
Rachar coa mirada "fatalista" do rural despoboado para poñer as persoas no centro: o Eixo Atlántico propón estratexias de Lugo a Mirandela
O Eixo Atlántico promove enfrontar o despoboamento do interior de Galicia e norte de Portugal con políticas que poñan ás persoas no centro. Nun informe que presentará o día 22 en Mirandela propón medidas fiscais, o impulso do cooperativismo e a economía social e a colaboración entre administracións como recitas básicas para asentar poboación no interior