
O CIS apunta a unha maioría de esquerda o 23X, con igualdade en Galicia entre PP e PSdeG, 2-3 escanos para BNG e 2 para Sumar
A enquisa amosa un resultado parello de PP (31,4%) e PSOE (31,2%). Con todo, a esquerda acadaría unha cómoda maioría grazas ao resultado de Sumar (16,4%), que superaría amplamente o de VOX (10,6%). O BNG duplicaría o seu resultado e tería opcións de acadar un representante por Lugo