As Letras de Luísa Villalta

  • A obra inédita de Luísa Villalta que peta na nosa conciencia

    A editorial Galaxia publica o Teatro completo de Luísa Villalta, coa edición de Henrique Rabuñal; a Poesía inédita e dispersa ao coidado de Pilar Pallarés e Miguel Mato; e a Narrativa inédita e dispersa, baixo a edición de Daniel Chapela. Tres volumes que van incentivar o estudo da obra de Villalta máis alá dos marcos da homenaxe da Real Academia Galega, coa que as súas poesías, novelas, pezas teatrais, músicas ou ensaios están a chegar a novos públicos tan frescas como o primeiro día

  • 'Papagaio': o retrato valente dos poemas de Luísa Villalta e as fotografías de Maribel Longueira segue vivo

    Na data do aniversario de Luísa Villalta, este luns 15 de xullo, no que faría 67 anos, preséntase na Coruña a nova edición do Papagaio no Circo de Artesáns ás 19.30 horas coa autora das fotografías, Maribel Longueira, a poeta e autora do limiar, Eva Veiga, e o escritor Francisco Xosé Fernández Naval. A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a editorial Kalandraka organizan o acto, que contará coa música en directo de César Morán e unha lectura poética á que se sumarán a directora editorial de Kalandraka, Manuela Rodríguez, e as poetas Marica Campo e Miguel Anxo Fernán-Vello