
- Entrevista | Lara Méndez Municipais 28M
- Política Lugo
"A veciñanza de Lugo primou un goberno progresista e de boas prácticas fronte á mala praxe e a crispación"
A alcaldesa socialista de Lugo volverá ser reelixida pola maioría absoluta que o 28M revalidaron PSdeG e BNG. Asume que no novo mandato terá ante si unha oposición máis férrea, pero tamén di estar convencida de poder amosar aínda máis froitos dunha "transformación" da capital lucense baseada nun proxecto de esquerdas que "funciona".