Fin da folga médica: máis remuneracións e ampliar a persoal que traballa na privada o plus do que o fai só no Sergas
O pacto co Sergas para suspender a folga do CESM inclúe remunerar máis as gardas e que os arredor de 1.400 médicos que tamén traballan na privada cobren o complemento duns 800 euros ao mes ata agora reservado a quen ten exclusividade coa pública. Sanidade remite mensaxes a pacientes afectados polos milleiros de citas canceladas pedindo desculpas e indicando que reprogramará as súas consultas, probas e operacións cirúrxicas
"Temos que reivindicar o dereito a estar continuamente repasando e revisando as nosas ideas"
Quedamos con Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) para tomar un café no seu barrio, en Vigo, unha mañá de primavera que non quere chover. “Temos que reivindicar o dereito a estar continuamente repasando e revisando as nosas ideas. Pero cando os cambios se producen por razóns de interese económico ou persoal, non de coherencia interior, conducen ao esperpento e ao ridículo, e son inmorais. A non ser que sexas de cartón pedra, se estás vivindo as ideas, pois as ideas están sometidas a movemento; outra cousa son os cambios interesados e fraudulentos”, asegura na conversa.
A "automemoria" de Francisco Fernández del Riego: do primeiro mitin con Castelao ao acubillo da Biblioteca Penzol
"Reproduzo mentalmente retratos que iluminaron algúns dos máis felices instantes da cultura galega", asegura don Paco sobre as memorias que recompila en 'Camiño andado', escrito pasados os noventa anos e no que repasa os comezos no Seminario de Estudos Galegos e no activismo universitario para despois buscar outras formas de organizarse, como Galaxia, tras a guerra civil
- Entrevista | Leilía
- Cultura
"Chegamos a tempo para ser ponte directa entre as aldeas e o presente"
Leilía foron as primeiras, din que chegaron no momento xusto. O pasado 4 de marzo Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez anunciaron a súa despedida dos escenarios. Agora din adeus aos palcos coa xira de Vidas cantadas, como cantadas foron as vidas das mulleres que as axudaron a recuperar a cultura galega arrasada.
- Entrevista | Federico Martinón
- Ciencia e tecnoloxía Santiago
"Desde o momento en que pos a vacina do virus respiratorio sincitial o neno xa está protexido"
"O feito de que Galicia fose a primeira en dar o paso garante que os rapaces estarán moito máis protexidos ante unha enfermidade que é a causa máis frecuente de hospitalización nos lactantes", salienta o xefe do servizo de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago sobre a vacina do virus respiratorio sincitial
O diario cultural de Paco del Riego no París dos anos cincuenta, onde puido falar con liberdade tras varias décadas
'Memorias do París literario' é unha obra inédita que don Paco legou a Malores Villanueva lista para publicar, pero que só podería chegar á imprenta tras o seu pasamento. Nela relata a estancia en París na primavera de 1953 co seu amigo o pintor Manuel Colmeiro como anfitrión, fiando as páxinas de autor en autor
- Entrevista | Cloti Vaello
- Cultura
"Non sei cando comecei a coser porque parece que nacín cosendo, forma parte de min"
A xastra Cloti Vaello recibe nos Premios de Teatro María Casares o galardón de honra Marisa Soto. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia fai fincapé en que esta distinción é "un recoñecemento para os oficios invisibles do teatro", neste caso tras corenta anos de carreira detrás do escenario encargada do vestiario
"Petar co pé no chan": a capacidade de 'Matria' para concienciar contra o machismo
A película de Álvaro Gago 'Matria' xa se pode ver en pantalla grande por todo o país, ademais é a maior estrea dun filme galego no Estado con 60 salas proxectándoo. Debullamos con Francisca Iglesias e María Vázquez, as dúas mulleres que se puxeron na pel da protagonista desta historia, a realidade que amosa
- Documento Pola sanidade pública
- Política
As 421 prazas de "difícil cobertura" do Sergas non suman máis médicos e só obrigan a permanecer nelas dous anos
Sanidade emenda as súas políticas de recursos humanos no Sergas cunha lei de excepcionalidade para a cobertura de 421 postos vacantes sen oposición que non crean novas prazas e só garanten unha cobertura estable durante dous anos. Son 72 prazas para facultativos especialistas en atención primaria, 60 para Pediatría de atención primaria, 116 para hospitais comarcais e 173 da área de saúde mental.
Outra folga na CRTVG provoca a suspensión de importantes programas na radio e na televisión
A primeira das dúas xornadas consecutivas de paro "contra a manipulación e represión" e un "clima laboral asfixiante" apaga espazos, como o emblemático 'Luar', e modifica outros. "Esta situación é o máis grave que ten sucedido na historia dos medios públicos nos seus 38 anos de historia", denuncia o persoal.
Ailá, onde colisionan as bandas coas agrupacións de música tradicional
O cuarteto Ailá, formado por Xan Pampín, Ángela Carou, Manuele Pardo e Abel Gañete, presenta o seu segundo álbum, 'Sansolimón', este domingo cun concerto na sala Capitol ao que convidan a outras artistas representantes da música tradicional
O Noia Harp Fest fai dez anos coa vontade de involucrar á sociedade galega nas bondades da música de arpa
Do 3 ao 6 de agosto as arpas volven á rúa. O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia alíase coa Real Filharmonía de Galicia para o décimo aniversario, no que contará con estreas da orquestra SonDeSeu e artistas internacionais como Laoise Kelly e The Poozies