Un estudo do Ministerio estima que hai máis de 184.000 mulleres en situación de prostitución no Estado
A delegada do Goberno contra a violencia de xénero sinala que "en 2023 polo menos 114.576 mulleres de 18 anos en diante estaban en situación de prostitución no noso país a través de anuncios web". As estimacións do maior estudo realizado sobre a materia apuntan que pode haber "aproximadamente entre 152.735 e 184.234 mulleres" nesta posición.
"O poder da memoria, como artellador do legado de vida que recibimos das xeracións anteriores, dálle un sentido á nosa existencia"
Tras un destacado debut na literatura con Quérote. Eu tampouco e Unha rapaza de provincias a escritora vilalbesa Cecilia F. Santomé adéntrase en As despedidas (Xerais) nunha familia que podería ser a de moitas persoas que vaian ler esta historia, que transcorre de maneira lixeira e áxil polas horas seguintes a un falecemento por todos os cuartos da casa na que se vela ao morto
Rexeitamento unánime en toda Galicia do asasinato machista en Viveiro e novas mobilizacións feministas
O asasinato de Rejane Soares, de 42 anos, na parroquia de Covas do municipio de Viveiro a mans da súa parella propiciou concentracións para rexeitar a violencia de xénero con minutos de silencio ás portas das institucións de todo o país. O presunto autor do crime permanece detido pola Policía e ingresado no Hospital da Mariña, á espera de pasar a disposición xudicial
Confirman o asasinato dunha muller en Viveiro como un feminicidio
O asasinato este mércores na parroquia de Covas, en Viveiro, dunha muller presuntamente pola súa parella investígase pola Policía como un feminicidio. A quinta vítima da violencia machista en Galicia tiña 42 anos e deixa un fillo orfo.
Lucía Veiga e Luis Tosar compiten nos Goya polas súas interpretacións en 'Soy Nevenka' e 'La infiltrada'
Lucía Veiga foi seleccionada para competir polo Goya á mellor actriz revelación na gala que se celebrará o 8 de febreiro de 2025 en Granada. Veiga interpreta á edil do PSOE Charo Velasco no filme Soy Nevenka, de Icíar Bollaín. Luis Tosar podería gañar o seu cuarto Goya nesta edición polo seu papel en La infiltrada, que dirixe Arantxa Echevarría
- GALERÍA Altri
- Movementos sociais
Milleiros de persoas ateigan Compostela contra Altri: “Galicia enteira rexeita esa pasteira!”
“Rueda, recúa, a auga non é túa” foi un dos lemas que e puido escoitar este domingo polas rúas de Santiago, ateigadas por unha marea de persoas chegadas de toda Galicia co propósito de paralizar a instalación da factoría pasteira de Altri en Palas de Rei. Unha hora despois de saír a cabeceira, aínda non arrancaba a parte final da manifestación, no que para moitos foi unha mañá histórica, tal e como previñeran Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
"Isto non está montado para que a unha tipa gorda e bollera lle pareza o mellor plan do mundo dedicarse á música"
Lucía Aldao di que leva toda a vida facendo o mesmo: xogar coas palabras. A poeta e compositora coruñesa publica o seu terceiro disco como Pava e estrea banda xunto a Analís, David Santos e Pablo Silva. Tras recibir o Premio Martín Códax 2023 na categoría Pop e Indie presentan Pava 3, cinco cancións a non perder que se poderán escoitar só en formato dixital a partir do 19 de decembro
- Reportaxe Contra a violencia machista
- Acontece
No fogar, en domingo ou nas vacacións: unha análise dos 58 asasinatos machistas de 2023
No ano 2023 cometeuse no conxunto do Estado un asasinato por violencia de xénero cada 6,3 días de media, é o peor ano a respecto dos feminicidios desde 2015. A xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido, especializada en violencia sobre a muller, asegura que os datos confirman que "cando se denuncia hai menos posibilidade estatística de que che pase algo grave"
As mariscadoras vense "abandonadas" pola Xunta e reclaman axudas pero non "propaganda"
Representantes das agrupacións de marisqueo a pé da Illa de Arousa, Carril, Vilaxoán, Rianxo, O Grove e Noia critican que "as axudas da Xunta non se corresponden coa súa propia cualificación de situación catastrófica do marisqueo" e inciden en que "deberían facer público que porcentaxe das axudas se executaron para que poidamos diferenciar a propaganda da realidade"
Pontevedra, única provincia en risco medio por baixas temperaturas
O Ministerio de Sanidade puxo en marcha un sistema de avisos para informar á cidadanía cando a temperatura mínima prevista sexa inferior á temperatura limiar de impacto na saúde e sitúa a Pontevedra no nivel dous, cun risco medio para a saúde por tempo frío
"Se vos identificades con estes sinais, saíde correndo": Ana Peleteiro comparte a violencia machista que sufriu
A atleta de Ribeira relata as diferentes agresións e vexacións que sufriu nunha relación de parella no pasado co obxectivo de axudar a que outras mulleres que poidan estar sufrindo estas violencias machistas sexan quen de identificalas. A repercusión do seu vídeo en TikTok provocou numerosas reaccións que lle recriminan por que non denunciou eses feitos na Policía
- Entrevista | Elías León Siminiani
- Cultura
"Fascinoume a idea de recuperar unha utopía nun tempo de distopía"
O documentalista Elías León Siminiani dirixe a serie 'El circo de los muchachos', producida por Vaca Films e Amazon, que xa se pode ver na plataforma de Amazon Prime. A historia do que sucedeu en Benposta narrada de principio a fin, con entrevistas dos xornalistas Marga Pazos e Luís Pardo a moitos daqueles nenos que formaron parte do proxecto do cura Jesús Silva