- Crónica
- Política
O 'milagre' de Galicia en Fitur
Ecoturismo, sostibilidade, recuperación, conservación e desestacionalización. O turismo logra consensos, así o demostra a boa convivencia dos representantes políticos arredor do posto de Galicia na Feira internacional do turismo en Madrid
A Deputación da Coruña aposta en Fitur por un "turismo amable" con proxectos "sostibles" e "ancorados no territorio"
"O reto é saber que turismo imos demandar, a quen imos intentar convencer de que nos veña visitar e a onde os queremos mandar", asegurou o vicepresidente da Deputación da Coruña Xosé Regueira nun balance sobre as propostas presentadas na Feira internacional de turismo: os Fogóns do Anllóns e o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) 'Fragas do Eume'.
Fragas do Eume: un destino "responsable" para quen viaxa á procura do auténtico
"Facemos un chamamento a un perfil turístico que teña como meta final a responsabilidade e o compromiso coa sostibilidade e co respecto ao medio ambiente", salientou o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, na presentación do plan de sustentabilidade turística das Fragas do Eume, o río que une aos concellos da Capela, Cabanas, Pontedeume, Monfero e As Pontes de García Rodríguez.
Fogóns do Anllóns: o río que alimenta a comarca de Bergantiños convértese en destino gastronómico
O proxecto dos Fogóns do Anllóns, que se presentou este mércores en Fitur, nace para converter os concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana nun "territorio gastronómico diferenciado", en palabras do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. "O obxectivo final é que un territorio no que se come estupendamente pase a ser un territorio gastronómico que destaque en calquera escenario", salienta o tamén responsable da área de Turismo do ente provincial
- Entrevista | Manuel Martín Pola sanidade pública
- Acontece
"Falta de recursos" e un "sistema obsoleto": os motivos de SOS Sanidade Pública para volverse manifestar
Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, incide en que "temos que ir cara a un modelo comunitario onde a clave non sexa a enfermidade senón a prevención da mesma" e denuncia que os colapsos son o resultado de que "o sistema sanitario non responde aos problemas da poboación"
- Reportaxe
- Cultura
Clubs de lectura escolares de premio: espazos de confianza arredor dos libros
Achegámonos ás experiencias dos clubs de lectura cos colexios de Laredo, en Chapela (Redondela), e Sofía Casanova de Culleredo, e mais dos institutos Santiago Basanta Silva de Vilalba e Maximino Romero de Lema de Zas. Son catro dos oito centros de ensino galegos permiados polo Ministerio de Educación. "Nas reunións estamos todos ao mesmo nivel, créase unha dinámica corresponsable e interxeracional que é moi interesante", salienta Manuel Bragado, coordinador do club do CEIP de Laredo.
Pontón fai propio o "gobernemos nós a nosa Terra" de Castelao e pide "amplitude de miras" nas municipais
A portavoz nacional do BNG salienta que "as eleccións municipais son unha magnífica oportunidade para estender o modelo do BNG a máis concellos" e seguir construíndo ao "integrar a persoas e colectivos que comparten ideais"
A crise climática xa está aquí: 300 días de temperaturas anormalmente altas en 2022
Santiago estivo 271 días do pasado ano con temperaturas moi por enriba do que sería normal en cada época e Vigo 266, efectos que van máis alá das puntuais vagas de calor. "Isto é só o comezo do que vén", asegura o científico climático Dominic Royé
Sanidade contratou ambulancias externas en fin de ano para cubrir dous PAC sen médico sen avisar o 061
CIG-Saúde denuncia a contratación de dúas ambulancias con persoal médico externo ao Sergas para cubrir os PAC da Parda e Baltar, que ficaron sen médico, sen informar ao persoal de enfermaría e do 061 que traballaba en fin de ano
Cando se coida quen coida? O 'patio de veciñas' d'A Morada como lugar de encontro
María José Gayoso, Fedra Alcaraz e Ana Martínez fundaron a cooperativa A Morada no barrio da Hispanidade de Vigo para "colectivizar os coidados" e que as mulleres que coidan (pero non só) teñan "un espazo para elas soas" sen "sentirse culpables" por "dedicarse tempo a si mesmas"
Alerta para toda a sociedade tras unha decena de asasinatos machistas no Estado este mes
A actual "repunta de feminicidios" provoca a primeira reunión dun comité de crise estatal que busca "extremar a precaución" e protexer máis e mellor ás mulleres, especialmente ás que se atopan en situacións de vulnerabilidade. Dende o colexio de Psicoloxía de Galicia advirten de que períodos festivos coma o Nadal son especialmente sensibles porque "se festexa un patrón de familia tradicional onde os homes teñen unha posición de superioridade"
Dimite o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos e acusa de "deslealdade" ao conselleiro
Isidro Lago, que seguirá como presidente do Colexio Médico de Pontevedra, manifesta que mantén rota "todo tipo de relación" coa Consellería de Sanidade e busca a interlocución co presidente da Xunta. Por este motivo, considera "incongruente" representar ao órgano que agrupa aos Colexios Médicos das catro provincias