- Entrevista | Manuel Rivas
- Cultura
"Algún día tiven o soño de que podes cambiar o mundo escribindo"
Manuel Rivas publica Tras do ceo (Xerais), que define como "novela negra radical", a pesar de non seguir os habituais esquemas do xénero. Un proxecto no que leva tempo traballando e para o que ten moito escrito, moito máis que esta novela. A forma na que acabará saíndo á luz está por ver, mais avanza que o nexo común é a pulsión contra o poder. Quedamos co escritor e xornalista en Sanxenxo, nun día "anfibio"
Asociacións de nais e pais da área de Santiago piden que Educación "reflexione" e envíe máis profesorado
Asociacións de nais e pais do CEIP de Arcediago (Santiso), o CEIP Barouta (Ames), o CEIP Fontiñas (Santiago), o CEIP A Ramallosa (Teo), o CEIP A Igrexa (Calo, Teo), o CEP Ventín (Ames), o CPI Os Dices (Rois) e o CEIP Quiroga Palacios (Santiago) concentráronse para reclamar que a Consellería de Educación atenda as peticións “urxentes” destes centros de ensino
- Entrevista | Nee Barros
- Cultura
"Semella que cando falamos da comunidade LGBTIQA ten que acabar en traxedia. 'Heartstopper' rompe con iso, é como unha aperta"
Nee Barros trae ao galego a historia de Alice Oseman Heartstopper, un fenómeno editorial que Xerais edita na nosa lingua, e fálanos tamén do seu novo podcast, Um T com Nee, onde vai debullar a súa transición hormonal e compartir os diferentes ritos de pasaxe que existen noutras culturas
- Entrevista | Alejandro Guillán (Baiuca)
- Cultura
"Intento que o primeiro ouvinte que sexa fan da miña música sexa eu mesmo"
Barullo é o terceiro disco de Baiuca e poderá escoitarse enteiro a partir do 27 de setembro. Dez cancións que convidan con máis forza a levar as foliadas ás pistas de baile. Alejandro Guillán móstrase satisfeito co resultado final dun proceso de máis de tres anos desde a saída de Embruxo, sempre sen parar de facer concertos por todo o mundo. Presentará Barullo no festival Noites do Porto da Coruña o sábado 28.
Rueda sae da reunión con Sánchez sen quita da débeda galega e coa transferencia "inmediata" do litoral ditada polo Constitucional
"Boas palabras, poucas concrecións" é o resumo do presidente da Xunta do seu encontro co estatal, que remitiu o financiamento autonómico ao Consello de Política Fiscal e convocará unha Conferencia de Presidentes para falar coas comunidades de vivenda
Besteiro reivindica o PSdeG como "a verdadeira esquerda que aspira a gobernar" e presenta unha nova imaxe do partido
"Imos ampliar a nosa mensaxe a persoas que non son do partido", defendeu Besteiro sobre a nova imaxe do PSdeG, que vai acompañada do lema 'Socialistas con raíz' e que se plasmará nunha serie de encontros arredor do país cara ao congreso dos socialistas galegos
"Só se entende se hai fobia contra o galego": investigados por inxurias na Mesa pola Normalización Lingüística
A Policía Local de Rianxo denuncia por inxurias a Marcos Maceira e Sara Seco tras a vitoria xudicial da Mesa na que conseguiron que se anulase unha sanción a un veciño de Rianxo que solicitou ser atendido en galego nun cribado da COVID-19
- Reportaxe Escola pública
- Acontece Vigo
Ao cole con casco: "Os nenos e nenas do CEIP Altamar teñen os mesmos dereitos que os do resto de Vigo"
As crianzas desta escola viguesa acceden con casco para simbolizar a desprotección do centro. "Ao ver que comezaba outro curso e ninguén nos facía caso, seguían pasándose a pelota uns aos outros mentres a seguridade dos nenos e nenas corre perigo, decidimos facer ruído", di a presidenta da Anpa sobre a inacción da Xunta e do Concello de Vigo
- Entrevista | Gisele Mato
- Cultura
"O que quero cando leo poesía é que me quite do soto, me sacuda e me faga pensar de forma diferente"
Diagnóstico: estado carencial. Este verso de Gisele Mato pode sintetizar as ideas que contén o seu poemario Habitar as fendas, editado por Xerais e gañador do XII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. Mato estudou Psicoloxía entre Santiago de Compostela e París e adícase profesionalmente a un traballo que pouco ten que ver coa escrita. Porén, comezou escribir poesía sendo unha nena. Unha meniña de pais galegos emigrados a Suíza que é quen de referirse á dó migratoria en primeira persoa.
- Crónica
- Política
"De que sobrecustos está falando?": Rueda critica a Besteiro por non estar "centrado" e pide a Pontón que sexa "valente"
O presidente da Xunta nega o subrecusto de 470 millóns polo modelo de concesión privada para executar o proxecto do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo que certificou o Consello de Contas e centra as críticas no Goberno de Sánchez
Volve o humor de Non saímos do lixo: "Debera haber programas así na TVG, pero..."
"En dous meses ao mellor xa nos viu máis xente que en todos os programas que fixemos hai doce anos". Falamos co guionista Denís @denny_horror, creador de Non saímos do lixo xunto ao director Marcos Paino, e coa actriz Susana Sampedro sobre o regreso destes sketchs que sacan punta da actualidade galega
A situación límite dos centros de saúde cuestiona a cobertura "improvisada" do verán no Sergas
A demanda de asistencia nos servizos de urxencias non deixa de medrar, en grande medida porque chegan doentes que non logran unha atención ordinaria nos seus centros de saúde