Facebook non quere que desconectes
Non coñecemos os criterios que emprega a tecnoloxía de Facebook para decidir que un tema coas palabras 'desconectar' e 'móbil' no titular é spam, pero comprobamos como eliminou a reportaxe de Praza con esa temática. "O que lle interesa a Facebook é que esteas todo o día conectado", sinala o informático Javier Pedreira (Wicho). "Sabemos que a dependencia que os medios de comunicación teñen das redes sociais para chegar á súa audiencia é problemática", di a decana do Colexio de Xornalistas
"Inútil", "analfabeta", "voute canear": condena por acoso laboral nun Gadis
Condenada a encargada dun supermercado de Gadis a 20 meses de cárcere por acoso laboral e lesións psíquicas contra dúas traballadoras ás que "descualificou" e "ridiculizou" de maneira "sistemática". A sentenza, á que tivo acceso Praza.gal, considera probado que a empresa coñecía os feitos e que non actuou para modificar a situación de acoso, polo que resulta condenada como responsable civil subsidiaria
Yolanda Díaz posiciónase "radicalmente en contra" da fábrica de Altri en Palas e comprométese a "loitar" desde o Goberno do Estado
A vicepresidenta segunda do Goberno de España, Yolanda Díaz, mostrouse "radicalmente en contra" do proxecto de Altri e Greenalia en Palas de Rei por ser "altamente contaminante" e "vulnerar os valores ambientais" de Galicia, por "pór en risco a saúde pública" e pola "carencia duns valores democráticos primarios"
- Entrevista | Sabela Ramil
- Cultura
"A realidade é moito máis complexa que unha frase que queda ben nas redes sociais"
Sabela Ramil ten claro que a música segue facéndoa primeiro para ela, o que é para totalmente para os demais son os concertos. Non foi doado transitar os primeiros anos de visibilidade tras pasar por Operación Triunfo, pero conta como logrou "silenciar" aquilo que non lle permitía centrarse no seu debate interno sobre que camiño escoller como artista. Para finais de ano presentará un EP con cancións novas pero antes, á volta do verán, comezará a súa xira galega por salas, nas que pode mostrar mellor "os matices" do seu proxecto musical
Jazz de Ría: música para os barrios de Valdoviño, Cedeira, Neda e Narón coa paisaxe da Costa Ártabra de fondo
O festival Jazz de Ría celébrase do 16 ao 20 de agosto en escenarios privilexiados. "O propósito é poder estar nun espazo bonito, tranquilo, que non haxa impacto ambiental e que a veciñanza non se sinta invadida polo festival", sinala a súa directora, Aitana Cuétara
- Reportaxe
- Lecer
Desconectar nas vacacións: "O que te mantén conectado é o móbil"
"Vivimos nun mundo capitalista no que as vacacións son un produto, e como todo produto hai que xerar non só o seu desexo senón a súa necesidade", argumenta Xacobe Fernández García, presidente da sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. A desconexión implica máis unha actitude que uns medios porque a idea herdada de que a desconexión equivale a viaxar xa non vale, temos un mundo diferente e debemos aprender a relacionarnos con el: "Agora a desconexión implica decidir desconectar"
- Entrevista | Xosé A. Touriñán
- Lecer
"Temos pouco tempo para que nos conten, e para falar entre nós, e esa é a filosofía do Castelo Conta"
Do 19 ao 25 de agosto o Castelo Conta programa faladoiros, concertos, sesións vermú, degustacións gastronómicas, espectáculos para a cativada, andainas, cinema e moitos contos cargados de humor. Polos diferentes espazos da aldea contarán contos Xosé Ramón Gayoso, Federico Pérez, Tamar Novas, Miguel de Lira, María Meizoso, Carlos Blanco, Lucía Veiga, David Perdomo, Isabel Risco, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Pepo Suevos, Isabel Garrido, Patricia Castrillón e Gari Garrido, entre outros
'Os Andares': a emoción como guía para percorrer a serra dos Ancares nunha viaxe sonora
Os Andares é arte en movemento. José Díaz e Iria Azevedo, de Fósforo Arte & Cultura, xunto a Marcos PTT do Colectivo Galiza Emocional, dirixen este proxecto artístico e inmersivo pola serra dos Ancares. Seis guías emocionais que se mesturan o documental e a ficción coa meta de afondar no coñecemento da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
"Mobilización intensa" do comité da CRTVG contra a lei da Xunta que "elimina as últimas barreiras e garantías de servizo público"
O máximo órgano de representación do cadro de persoal da radiotelevisión pública galega considera que o anteproxecto de lei da CRTVG suporía a culminación dun “cambio de paradigma” promovido polo PP na última década e abre a porta a que a dirección poida realizar contratacións “a dedo que esquiven o mérito, a igualdade e a capacidade no acceso ao emprego público”
- Entrevista | Diego Ameixeiras
- Cultura
"Déixome guiar por iso de querer vivir dentro das historias que me gustan moito"
Falamos con Diego Ameixeiras da súa última novela, Un anarquista, publicada esta primavera en Xerais. Unha historia sobre como construímos a nosa identidade que se acubilla nun tempo real, aqueles anos do final da década dos setenta, da Transición española, e un episodio deses que aínda son segredo de Estado: o coñecido como caso Scala que tivo lugar en Barcelona, que acabou co auxe do anarquismo naquela sociedade ansiosa por pasar páxina
- Reportaxe As Letras de Luísa Villalta
- Cultura A Coruña
'Papagaio': o retrato valente dos poemas de Luísa Villalta e as fotografías de Maribel Longueira segue vivo
Na data do aniversario de Luísa Villalta, este luns 15 de xullo, no que faría 67 anos, preséntase na Coruña a nova edición do Papagaio no Circo de Artesáns ás 19.30 horas coa autora das fotografías, Maribel Longueira, a poeta e autora do limiar, Eva Veiga, e o escritor Francisco Xosé Fernández Naval. A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a editorial Kalandraka organizan o acto, que contará coa música en directo de César Morán e unha lectura poética á que se sumarán a directora editorial de Kalandraka, Manuela Rodríguez, e as poetas Marica Campo e Miguel Anxo Fernán-Vello
"Todas escribimos desde o inconsciente"
Das Sisargas ás Cíes, quedar con Rosalía Fernández Rial é falar do mar. A artista multidisciplinar, música e poeta vén de publicar o poemario De centeo e durmideiras no selo editorial Cuatro Lunas de Kalandraka, un libro que identifica cunha illa. Presentouno no Kiosco Alfonso da Coruña xunto á poeta Yolanda Castaño, autora do prólogo da edición bilingüe na que saíu do prelo, e atende a Praza.gal desde os xardíns da alameda de Vigo no marco da celebración da súa Feira do libro