O ex-ministro Margallo "non lembra" as súas manobras na UE para atribuír ao maquinista o accidente de Angrois
En 2016 o titular de Exteriores pediu ao presidente da Comisión, Jean-Claude Juncker, manter oculto un informe crítico coa versión oficial que apuntara ao condutor do Alvia porque afectaba "aos nosos intereses nacionais", pero agora non o lembra "en absoluto"