Rueda xustifica que o PP use vídeos de 'deepfake' contra o PSOE: "As redes sociais están para ser transgresoras"
O líder do PPdeG defende as declaracións de Feijóo abríndose a recortar o dereito ao aborto ou á eutanasia: "Dixo o que está fixado no último congreso nacional do PP o pasado ano"
Do lume á política social tras 'okupas' ou lobos: a conselleira Vázquez faise co terceiro maior orzamento da Xunta
Tras un longo historial de polémicas declaracións ou decisións políticas, Ángeles Vázquez chega a unha Consellería de Política Social que vén apostando polas axudas directas e a externalización de servizos
Ángeles Vázquez, ata agora conselleira de Medio Ambiente, asume Política Social
A saída de Fabiola García da Xunta para ir nas listas do PP ás eleccións xerais leva a Rueda a mudar dúas consellerías, desprazando a Ángeles Vázquez a Política Social e nomeando conselleiro de Medio Ambiente a Nicolás Vázquez, ata agora secretario xeral de Industria
Condenada a "mala fe e temeridade" da Xunta por obrigar un traballador a denunciala 6 veces para cobrar
O TSXG censura que un bombeiro tivese que recorrer "ano tras ano aos tribunais en defensa do seu dereito" tras sucesivas sentenzas favorables, o que considera unha "actitude obstrucionista" por parte de Medio Rural
Multadas dúas funerarias por repartirse cadáveres na área de Santiago
Competencia sanciona que dúas empresas fúnebres que podían competir por separado se presentasen xuntas a dous concursos públicos en 2020 e 2024 sen rebaixar nada a súa oferta, o que supuxo un prexuízo "aos contribuíntes e ao interese xeral"
Incumprimentos, sospeitas de amaño e agora risco de quebra: a Xunta atasca na mellora dos helicópteros do 061
Eliance, que xestiona as urxencias médicas aéreas do Sergas, entra en preconcurso de acredores logo de sancións reiteradas da Xunta, que non logra renovar o servizo tras quedar deserto un contrato que varias empresas vían orientado a un único fabricante
A dereita estatal tivo un galego de candidato en 10 das 16 xerais, pero só dúas veces foi presidente
Rajoy encabezou o PP cinco veces para ser presidente só en 2011 e 2016, mentres que Fraga fracasou en tres ocasións e Feijóo terá agora a súa segunda oportunidade
"Falta de coordinación" e "perda de tempo" na investigación de incendios de Xunta e Garda Civil, di a Fiscalía
A memoria anual da Fiscalía de Galicia reflicte os problemas detectados nos últimos meses coas pulseiras anti maltratadores, con incidencias "todos os días" e problemas de "operatividade" en "poboacións pequenas ou fronteirizas con Portugal"
Comeza a tempada de caza: un millón de animais mortos en cinco anos e o xabarín é só o 9%
Tras varios anos de baixada repunta o número de licenzas coincidindo coas decisións da Xunta de renovar automaticamente e de balde as licenzas de caza de maiores de 65 anos e facelas indefinidas
Suspendida a entrada na cadea do maquinista de Angrois mentres se resolve a súa petición de indulto
A xuíza que o condenou a dous anos e medio acepta a petición do condutor do Alvia, que xa obtivo informes favorables ao perdón da súa pena de vítimas, fiscalía e a propia maxistrada
Un empregado da Xunta demándaa por convocalo a actos contra o machismo e acaba multado no xulgado
O home reclamou 15.000 euros á Consellería de Política Social por chegarlle varios correos non desexados sobre actos de condena da violencia de xénero e a xustiza remata multándoo a el con 600 euros por litigar con mala fe ou temeridade
A Xunta prevé forzar fusións de concellos en crise con outros saneados tras desbotalo Rueda
"Esta lei non vai establecer esa posibilidade", dixo hai uns días o presidente ao enviar ao Parlamento o proxecto de lei, que si a contempla e só matiza que o proceso deberá ser aprobado polo Parlamento