A Xunta cre "testemuñal" o seu papel na CIUG, onde a representa o cuestionado xefe da Inspección
O conselleiro de Educación admite que non ten reproches á xestión da selectividade en anos previos máis alá dos erros deste curso
Nin mosteiros en 2021, nin paisaxe acuática en 2026: a Unesco segue sen ver valor universal na Ribeira Sacra
Aspirante desde 1996, hai 30 anos, a reformulación da candidatura pola Xunta co apoio do Estado non logra convencer aos expertos internacionais, cos encoros hidroeléctricos como principal elemento de distorsión
O BNG retirará o apoio á Valedora do Pobo se o PP mantén o veto á súa proposta de adxunto
Os nacionalistas piden que o Parlamento reinicie o procedemento de selección tras o veto popular ao profesor de dereito administrativo Fernando de Abel Vilela, nome que insistirán en propoñer
Rueda garante que as 7.800 persoas que pasan de Povisa ao Álvaro Cunqueiro serán "ben atendidas"
O hospital concertado vigués queda con 102.000 pacientes adscritos, o seu rexistro máis baixo
Os visitantes das Illas Atlánticas pagarían para mellorar a súa xestión ambiental
O estudo que en 2023 consultou a posibilidade de cobrar para recuperar flora e fauna vén de publicarse e conclúe que a cidadanía prefire accións "moderadas" e que as lagoas de coñecemento inflúen na súa escolla
Rueda xustifica que a Xunta controle a selectividade porque organiza "moitas oposicións con moita xente"
O presidente renega da CIUG que organiza as probas desde 1993 dicindo que "depende en exclusiva das universidades" malia que a metade da súa composición a designa a Xunta
Condenada a concesionaria da Autovía da Costa da Morte por falta de previsión nun caótico día de xeo
A Audiencia da Coruña di que o 7 de xaneiro de 2021 "o risco de formación de placas de xeo era evitable se se extremase a dilixencia na aplicación das substancias fundentes" pero que a actuación da concesionaria da Xunta "non foi suficiente nin eficaz"
- Entrevista | Pilar Farjas
- Movementos sociais
"Cáritas é imprescindible, a garantía de que ninguén estea na rúa tirado dá estabilidade social"
Pilar Farjas, ex-conselleira de Sanidade, é directora de Cáritas Santiago, que está a impulsar diversos proxectos de inserción laboral. "A economía social dá un plus de integración e comunidade que non dá o mercado", di.
2.500 euros de penalización a Monbus por demora e desvío do itinerario nun bus escolar
O TSXG ratifica novas penalidades á empresa tras reiterados incumprimentos no transporte escolar
"Perfil idóneo", non "mellor currículo": a Xunta defende a directora do CGAC da critica xeral do mundo cultural
O conselleiro de Cultura obvia no Parlamento as críticas de todo tipo de institucións polo proceso restrinxido e discrecional para elixir a nova dirección do CGAC e atribúe ao BNG un desexo de querer controlar a cultura galega
A Xunta restrinxe o seu protocolo de acoso laboral para deixar fóra o persoal de Educación
A xustiza vén sentenciando que o documento era de aplicación non só na administración xeral senón tamén no ensino e agora o Goberno galego deixa expresamente á marxe ese sector, no que Inspección vén arquivando denuncias sen sequera tomar declaracións
Pontón pide a Rueda "un plus contra a sinistralidade ou as listas de espera" fronte ao "plus por recortar baixas"
O presidente asegura que o 40% dos médicos de familia están a aplicar o seu plan contra o absentismo laboral