Beiras, como Castelao, xa é patrimonio do pobo
Beiras loitou "sempre ollando aos lados para alentar a quen nos acompaña" e este venres foi el o acompañado por unha multitude
Adeus a un bo e xeneroso
Cuberto coa bandeira galega deseñada por Castelao e co seu sombreiro, Beiras é despedido no Museo do Pobo Galego por milleiros de persoas que salientan o humano por riba do político
Morre Beiras, 90 anos de loita contra a ruda adversidade urxente
Economista, escritor, pai, parella e polemista, por riba de todo foi un animal político atacado e admirado máis alá dos seus pronunciamentos
"Nós preferimos ladrillo", responde Rueda á petición de Pontón e Besteiro de ir alén de construír vivendas
Os líderes de BNG e PSdeG reclaman actuar nos alugueiros, as vivendas baleiras e turísticas, os desafiuzamentos ou a especulación, e o presidente da Xunta anuncia axudas para que os concellos constrúan máis vivenda pública
O Constitucional responde á Xunta que a "función social" da vivenda pode restrinxir a propiedade privada
A sentenza que desbota o recurso do Goberno galego contra a lei estatal de vivenda tamén admite que a igualdade consagrada na Constitución non ten que ser absoluta para grandes propietarios cun número "considerable" de vivendas
Rueda alenta dúbidas no voto por correo e está disposto a prescindir de conselleiros se os pide Feijóo
O presidente di non barallar un cambio no Goberno galego pero ábrese a facelo se o pide o líder estatal do PP como xa fixo hai tres anos
A Xunta di que "a Galicia" lle interesa cambio na Moncloa; BNG e PSdeG queren elixir "entre dereita e dereitos"
Rueda considera que Sánchez convoca o 29 de novembro polo seu interese persoal, populismo e demagoxia, Pontón quere "darlle a Galiza máis forza en Madrid" e Besteiro converter a vivenda en "piar" do estado do benestar
Eleccións xerais o 29N: todo á vivenda
Pedro Sánchez adianta os comicios ao non lograr aprobar os decretos de vivenda e confiando na mobilización da esquerda por esa emerxencia social, chamando por unha "maioría progresista moito máis ampla coa que dobregar as elites" tras dunha lexislatura protagonizada polo ascenso da extrema dereita e as frontes xudiciais do PSOE
17 meses para avaliar unha radiografía ou un ano sen médico que opere un neno: as persoas tras as cifras
A Valedora do Pobo revela numerosos casos de demoras sanitarias que permiten poñer cara e circunstancias ás listas de espera que vén de facer públicas o Sergas
- Entrevista | Miriam Jiménez Lastra Mocidade e democracia
- Movementos sociais
"A intención de voto na mocidade virou á extrema dereita, pero os seus valores non tanto"
A socióloga, politóloga e influencer Miriam Jiménez Lastra analizou no foro Praza na ágora o efecto que as redes sociais teñen na sociedade e na democracia e como a extrema dereita ofrece respostas sinxelas a unha mocidade que non ve tan de extrema dereita
O Sergas desvía 5,5 millóns para obras en centros médicos a pagar concertos sanitarios e xuros de demora
Vén sendo habitual que Sanidade empregue cartos previstos inicialmente para melloras en centros sanitarios en modificacións orzamentarias que o Consello de Contas pide reducir "ás estritamente necesarias"
Repsol é multada con 600.000 euros por facturar a unha muller confundida con outra pontevedresa co mesmo nome
"Non nos atopamos ante unha incidencia de escasa relevancia", di Protección de Datos, que salienta que a empresa non contaba con medidas internas adecuadas que tiveron unha "afectación real dos dereitos" da afectada