O Sergas incumpre amplamente os seus propios obxectivos de espera cirúrxica e por consultas
Sanidade fixou os seus obxectivos para este ano o 4 de febreiro, dous meses despois de que comezasen as folgas contra o Ministerio de Sanidade ás que agora culpa do aumento da demora
A espera por unha operación dispárase a tres meses, 20 días máis que hai un ano e preto do peor da pandemia
Os tempos das cirurxías aumentaron en todas as prioridades e a demora media das consultas medrou de 57 a 70 días, un empeoramento xeral do que o conselleiro de Sanidade culpa ás folgas sanitarias contra o ministerio
A Xunta crea "coordinadores de reincorporación" tras as baixas laborais
O plan do Goberno galego para acoutar as baixas médicas laborais conta co apoio da patronal e UGT pero non de CIG e CCOO
Rueda di que as mellores medidas contra a crise da vivenda en Galicia son as que está a aplicar a Xunta
"A quen non se lle remova a conciencia con iso é que non a ten", di o presidente do caso de Maricarmen, a anciá desafiuzada en Madrid, pero pide "pensar na seguridade que hai que darlle aos propietarios" que son persoas individuais e non grandes propietarios
Por que tarda o tren ou como se protexe o patrimonio: 2 e 3 anos de lenta transparencia de Estado e Xunta
Unha década despois da aprobación das leis de transparencia estatal e galega os gobernos seguen demorando a entrega de documentos públicos mesmo en casos con pronunciamentos previos favorables, como evidencian investigacións de Praza.gal
A rabia da mocidade pode defender os dereitos humanos ou reducilos: "Que os malos non fagan máis ruído"
O primeiro foro Praza na ágora, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Fundación Praza Pública, foi un debate participativo -e esperanzador- sobre o papel da mocidade na crise democrática
RAG e Consello da Cultura ven insuficiente o pacto PP-PSdeG pola lingua pero confían en máis avances
Henrique Monteagudo e Dolores Vilavedra piden "unha reflexión moito máis fonda" e "maior alcance" do galego no ensino e ofrecen a colaboración das dúas institucións para avaliar a aplicación do novo acordo
Pacto lingüístico PP-PSdeG
Populares e socialistas pactan varias mudanzas no novo Plan Xeral de Normalización. O acordo mudará o decreto do ensino para permitir que se impartan en galego materias científicas, ata agora vetadas, pero sen aumentar o peso da lingua propia: se o bloque científico é en galego, o de ciencias sociais será en castelán. O BNG critica a "pinza bipartidista" para "enterrar" o idioma.
A UE advirte que España xa pode traducir o galego ao ser preguntada por cando será oficial
O Consello responde a unha pregunta da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, obviando calquera referencia ao debate aberto para a oficialidade da lingua propia e aludindo a acordos puntuais de hai dúas décadas para o seu uso nalgunhas institucións comunitarias.
O Constitucional tomba o recurso da Xunta á lei estatal de vivenda e lembra que a propiedade privada é acoutable
O tribunal de garantías rexeita un dos varios intentos do Goberno galego de entorpecer as medidas estatais de control dos alugueiros e protección dos inquilinos
Rueda di traballar "pola igualdade de todos os galegos" ao afearlle Besteiro o clientelismo das novas residencias
O líder socialista salienta que 23 dos 25 novos centros de maiores anunciados por Política Social estarán en concellos do PP, mentres o presidente tenta desviar o debate para criticar a Pedro Sánchez
Pontón pide á Xunta mellores políticas de vivenda e Rueda responde que A Coruña e Santiago xestionan mal
"Vostede non quere zonas tensionadas por ideoloxía, porque non defende o dereito á vivenda senón á especulación", acusa a nacionalista, ao que o presidente replica que iso é "o rollo de sempre do Bloque"