As patrullas militares contra incendios adiántanse aos días en que comezou a gran vaga de 2025
A Operación Centinela Galego comeza este ano o 10 de agosto, fronte ao 15 de agosto do ano pasado, cinco días nos que comezaron incendios que acabarían queimando 82.000 hectáreas
13 anos do accidente de Angrois, pendente do Constitucional e dun indulto
Tras a decisión da Audiencia da Coruña de absolver en xaneiro a un cargo de Adif, o maquinista, único condenado, pediu o indulto e ao tempo recorreu ao Constitucional, como as vítimas, á espera aínda das investigacións técnica e política
Rueda coñeceu o pacto con Altri pero non como presidente: novo argumento da Xunta para ocultalo
A Comisión da Transparencia nega o argumento da Xunta de que fose "abusivo" preguntar a Rueda polo pacto pero valida que non o coñeceu "no exercicio das súas competencias", o que deixa no aire en calidade de que o coñeceu
Denunciar acoso laboral na Xunta e que te entreviste o xefe ou non che respondan
A Valedora, que leva anos alertando de todo tipo de eivas na atención do problema por parte do Goberno galego, revela outros dous casos de actuacións incorrectas tras denuncias por suposto acoso laboral
Cobrar agora o permiso parental de hai un ano: varias sentenzas condenan a "inactividade" de Xunta e Estado
Tribunais galegos están a recoñecer como retribuídos permisos parentais desfrutados entre agosto de 2024, cando rematou o prazo dado pola UE para amplialos, e xullo de 2025, cando foron regulados como non retribuídos
Borracho e ofrecendo unhas "hostias": condenado por abuso de autoridade un cabo do Exército na Coruña
O Tribunal Militar salienta, coa conformidade do condenado, que atentou contra a integridade dun subordinado e contra a disciplina "como elemento estrutural de cohesión" para que as Forzas Armadas cumpran o seu papel constitucional
A Xunta ordenou a unha empresa destruír 21.000 quilos de pota que eran aptos para consumo
O TSXG revoga unha sanción da Consellería de Sanidade baseada en análises insuficientes do produto pesqueiro
Sen escola infantil por nacer a metade de ano: a Xunta rexeita a petición da Valedora de "evitar a discriminación"
Os bebés aínda non nacidos cando se abre en primavera o prazo ordinario de matrícula teñen menos posibilidades de obter praza incluso en cursos sucesivos
O TSXG condena de novo o Estado por quitar o Ingreso Mínimo Vital tras herdar a vivenda habitual
A Seguridade Social volve ser condenada en Galicia polo TSXG por computar como patrimonio excesivo a herdanza da residencia habitual malia que esta debe quedar fóra do cálculo para obter a axuda
A Xunta paraliza a reforma xeral interior de San Caetano na que prevía gastar 30 millóns de euros
A piques de rematar a ampliación do complexo con dous novos edificios por 35 millóns, o Goberno galego xa non considera prioritario remodelar todo o interior dos edificios máis vellos senón que só fará obras puntuais
Vítimas de Angrois recorren ao Constitucional a absolución do cargo de Adif
Outro maquinista que viaxaba no tren e resultou afectado di vulnerado o seu dereito á tutela xudicial porque a Audiencia da Coruña corrixiu a condena de primeira instancia sen mudar nada dos feitos probados, o que ve "arbitrario"
A Fiscalía de Galicia rexeita a decisión do TSXG de apartar dous xuíces da sección que xulga os eólicos
O ministerio fiscal considera que a presidenta da sala do Contencioso-Administrativo actuou "sen criterios obxectivos e predeterminados" e "con falta de motivación suficiente"