50.000 euros para empresas, 30.000 para familias: a disparidade das axudas da Xunta para rehabilitar vivendas
O Goberno galego subvenciona ata o 95% das obras ás empresas que rehabiliten vivendas para alugar ao seu persoal por ata 650 euros ao mes, pero só o 75% do custo no caso dos particulares en concellos pequenos
Obras pendentes, deterioro e costas do 7%: así vai a "estrada para bicis" de Santiago "inaugurada" por Rueda
Tras dous anos de obras a infraestrutura, de 12 millóns de euros e 10 quilómetros entre O Milladoiro e San Caetano, aínda está lonxe de completarse malia a imaxe transmitida pola Xunta
- Datos Xogos de azar
- Acontece
Dispáranse as sancións por xogos de azar e o negocio dos casinos en Galicia
As multas en calquera xogo pasaron de 76 en 2024 a 117 en 2025 mentres que nos casinos os xogadores aumentaron de 135.000 a 178.000 e as súas perdas de 6,5 a 10,9 millóns de euros
"Para nada o partido está en crise": o PP queda sen edís en Verín ao renunciar todos a un ano das eleccións
O partido local, en mans dunha xestora, emitiu un comunicado público no que informou de que "os catro concelleiros do PP de Verín renuncian a súa acta"
Condenada a Xunta por calar 6 meses ante unha petición de conciliación e contestar só cando a demandaron
O TSXG condena novamente o Goberno galego por nin negociar peticións de conciliación do persoal, desta volta malia dúas solicitudes sucesivas dunha traballadora á que agora ten que indemnizar con mil euros polo dano que lle causou
- Entrevista | Tempos Novos (1997) O papel resiste
- Cultura
"Outras revistas dan moito que 'ver', Tempos Novos segue dando moito que 'coñecer'"
Nas fins de semana de agosto, momento para ler devagar, entrevistamos responsables de revistas en papel editadas en Galicia. Porque en Praza.gal sempre nos gustou dicir que hai máis medios.
A conselleira de Medio Ambiente ratifícase en querer máis encoros e Caballero pide outro para Vigo
O alcalde vigués lembra que leva 15 anos reclamando unha nova presa no Oitavén por riba da actual de Eiras, onde asegura que non terá efectos nin ambientais nin sociais
A Xunta gaba que os hoteis ingresaron un 6,9% máis este xullo coa mesma clientela que o ano pasado
O BNG pide "regular a afluencia de visitantes" e primar a convivencia fronte o "turismo a granel"
Que un piso turístico estea legal "non exclúe que sexa 'actividade molesta'": un xulgado fixa límites no Pino
Unha sentenza dá a razón a unha comunidade de propietarios e considera "actividade molesta e prexudicial" o uso "con fins turísticos" dunha vivenda, que ordena cesar "en canto actividade xeradora das molestias acreditadas"
A Xunta quere novas presas: "Se non temos grandes encoros ao final a auga acaba no mar"
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, argumenta que "os nosos ríos son moi curtos", critica preventivamente a "aqueles que sempre é o non polo non" e di que "se necesitan máis depósitos"
Ryanair debe pagar 1.900 euros de lucro cesante a un home que perdeu un negocio pola cancelación dun voo
A Audiencia de Pontevedra salienta que "non se está ante hipotéticos traballos ou expectativas de ganancias, senón ante labores contratadas para días concretos que non puideron levarse a cabo pola cancelación do voo"
Suspendida 9 meses unha profesora por "neglixencia" e divulgar "cuestións privadas" e "valoracións despectivas"
O TSXG avala varias sancións de Educación a unha docente que tampouco aplicaba medidas de atención á diversidade nin valoraba o alumnado de xeito obxectivo