Silencio... Teñen que gardar agora @s que chaman "vagos" aos empregad@s públicos, ante o persoal sanitario que nos seus días de descanso ou recentemente despedido acudiu a prestar axuda ao Hospital Clínico de Santiago, ante esa veciña que nas escaleiras do portal, despois de moitas horas de traballo ininterrompidas atendendo os accidentados, entre bágoas e esgotada non paraba de repetirme que "non soportaba tanta dor", ante os bombeiros en folga que non dubidaron en aparcar a loita polos seus dereitos para pelexar polo dereito a vida d@s pasaxeir@s do tren.
Silencio teñen que gardar agora os que chaman "vagos" aos empregados públicos ou ante o persoal sanitario que nos seus días de lecer ou tras ser despedidos acoden a prestar axuda
Silencio... Aos que tantas veces ridiculizaron as nosas "guerrilleiras con bata", esas vecińas de Angrois que romperon alambradas, carrexaron mantas e acariciaron a cara dos feridos.
Silencio... A quen proclama o "pasotismo"da mocidade, a mesma que se ennegreceu as mans para limpiar a nosa costa, e que este fatídico 24 de xullo camiñaba con paso decidido dende a Praza do Obradoiro ata o Centro de Transfusión para colapsalo de doazóns e solidaridade.
Silencio a quen proclama o "pasotimos" da mocidade, a mesma que camiñaba con paso decidido desde o Obradoiro ata o Centro de Transfusión
Silencio... Aos que quixeron tratar esta traxedia con morbo e sen ética, e que se atoparon de fronte coa dignidade, prudencia e enteireza dunha cidadanía que non estaba disposta a que se comercializara coa súa dor.
Silencio, respecto, cariño e xustiza hoxe e SEMPRE para recordarvos, aos que deixastes a vida, ás familias e amig@s que estades desgarrad@s polas ausencias, aos ferid@s que permanecedes nos hospitais.
Silencio... Aos que pensan que @s galeg@s somos débiles, tristes e resignad@s, porque demostramos que a forza, dignidade e capacidade para saír adiante da nosa terra, dende Fisterra ao Padornelo, reside no corazón de cada un de nós. Ánimo Galicia!!