- Entrevista | Caamaño&Ameixeiras
- Cultura
"As letras do disco foron creadas nos bares"
Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, Caamaño&Ameixeiras, apostaron forte no seu segundo disco, 'Quitar o aire', e optaron polo carreiro máis inesperado, por explorar os instrumentos que as trouxeron ata aquí –o violín e mais o acordeón– seguindo as súas propias normas.
Unha manifestación ante a "impunidade" na crise dos 'pellets' reclamará "transparencia" á Xunta
O domingo 21, ás doce do mediodía, unha manifestación partirá da alameda de Santiago de Compostela ata a praza do Obradoiro baixo o lema "en defensa do noso mar". Convocada por plataformas en defensa das rías, ecoloxistas e confrarías ante a "impunidade" da contaminación do mar e a falta de accións coordinadas na crise dos 'pellets' e mais de "transparencia" nas informacións desde a Xunta
"Non inhalar o po" e "evitar o contacto coa pel e os ollos": as recomendacións dun informe encargado pola Xunta sobre os 'pellets' que non fixo públicas
En caso de "vertedura accidental" é preciso "non inhalar o po" e "evitar o contacto coa pel, os ollos e a roupa cando se proceda á limpeza da vertedura". Son as recomendacións dun informe especializado que a Xunta non compartiu coa poboación que está a tratar de limpar as praias
O TSXG condena a Stellantis Vigo por vulnerar o dereito dunha traballadora a reducir xornada por conciliación
O alto tribunal galego considera "en todo caso" vulnerado o dereito á igualdade e non discriminación.
Os Reis Magos chegan a Vigo no tren de alta velocidade que Transportes conta con estrear en marzo
Óscar Puente concreta que “o 1 de marzo empezarán a venderse os billetes” dos novos trens entre Galicia e Madrid de alta velocidade que superan os 300km/h coa idea de que comecen a funcionar antes de que remate ese mes, a falta de que Talgo remate as probas de seguridade
O Estado ve en "risco" a acollida tradicional xacobea pola "mercantilización e turistificación" do Camiño de Santiago
A dirección xeral de Patrimonio Cultural promove a protección da acollida tradicional xacobea diante da "mercantilización e turistificación" do Camiño de Santiago, que a pon "en grave risco" ao estar baseada en valores como o altruísmo e o espírito fraterno
O BNG reclama a comparecencia "urxente" de Rueda no Parlamento polo "colapso sanitario" coa gripe
A deputada nacionalista Montse Prado critica que a Xunta actúe "de comentarista" do que sucede mentres non planifica as necesidades da poboación pola gran circulación do virus da gripe: "Non reforzaron os profesionais nos centros de saúde nin nos PAC"
- Entrevista | Érica Couto-Ferreira
- Cultura
"Celebrar o Samaín permite achegarse ao feito da morte, a perda e o loito dunha maneira xeitosa e lúdica"
A historiadora Érica Couto-Ferreira vén de publicar o ensaio 'Corpos. As outras vidas do cadáver' na editorial Kalandraka.Descritivo, ás veces máis filosófico, o libro achega de maneira sinxela –e con doses de humor– diferentes exemplos da relación entre a sociedade e a morte. "Mantemos unha ligazón constante coa morte mesmo nos contextos menos evidentes", afirma a autora
- Reportaxe
- Cultura
De 1815 a 2023: Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos anotan a Jane Austen para os ollos de hoxe
No seu afán de achegar os clásicos aos lectores e lectoras máis novas, o selo Sushi Books publica 'Emma', de Jane Austen, en galego con anotacións a cargo das xornalistas Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez
'Nos seus pés': cita solidaria, gastronómica e cultural no Grove para axudar as persoas refuxiadas
O festival solidario para as persoas refuxiadas Nos seus pés consolídase no Grove e celebra a quinta edición demostrando que non hai iniciativa pequena. "Aquí está a esencia da solidariedade", asegura o cociñeiro Javier Olleros, de Culler de Pau, un dos impulsores do evento que se celebra ata o domingo
- Entrevista | Ana María García Costas Contra a violencia machista
- Movementos sociais
"O sistema do 'sugar daddy' aumenta a prostitución entre mulleres moi novas que non son conscientes de seren explotadas"
"A miña meta é poñelo difícil para que nin haxa xente que se intente dedicar a isto, nin haxa mulleres que se vexan abocadas a este tipo de cousas porque teño visto as consecuencias de estar en prostitución moitos anos", salienta a avogada Ana María García Costas, que participa na XII Xornada da Rede galega contra a trata sexual
- Entrevista | Carlos Blanco
- Cultura
"Con este personaxe o que fago é xogar, que é a esencia do noso oficio"
"A obra está chea de recunchos e de misterios, é moi difícil non desvelar nada da función. Pero Domingo, que era un ourive e construía unhas arquitecturas literarias moi interesantes aquí tamén o fai", salienta Carlos Blanco sobre 'Síbaris', a única peza teatral do autor vigués, que levan a escena por todo o país