A xustiza volve ver indicios de que a CRTVG vulnera o dereito á folga do persoal na vixésima xornada de paros
"Esta decisión xudicial evidencia a existencia das prácticas ilícitas para reprimir ás folguistas", salienta o comité de folga da CRTVG despois de que a xustiza obrigue o ente público a repoñer un traballador na súa quenda de traballo e no posto como produtor do Termómetro, o programa da TVG que vén sendo afectado polos paros
"Novo chanzo represivo" nos medios públicos: o comité de folga denuncia que a CRTVG abre expedientes "por falta moi grave"
Dúas traballadoras da CRTVG en folga recibiron este luns a notificación da apertura dun expediente disciplinario "por falta moi grave" a causa dun presunto "incidente" que tivo lugar o pasado venres coincidindo co comezo dos paros que veñen impedindo a emisión do programa O Termómetro na TVG
"Gústame explorar a animalidade que hai no ser humano, que é bastante"
Lara Dopazo Ruibal regresou tras dous anos nos Estados Unidos cun libro de contos na maleta (e no maxín). O libro, Contos gringos, editado por Galaxia, é o resultado de ter tempo para escribir e de que escribir fose a única encomenda dos días que a autora pasou na ‘América profunda’, a que vota a Donald Trump; pero foi rematado nun 'retiro' na Residencia de Creación Literaria da Illa de San Simón organizada pola Xunta o ano pasado
Persoal mobilizado da CRTVG aproba continuar coa folga e chama a participar nunha manifestación en defensa dos medios públicos
Traballadoras e traballadores en folga na Corporación de Radio e Televisión de Galicia convocan a toda a cidadanía galega a participar nunha gran manifestación en defensa dos medios públicos o domingo 1 de decembro
'Hackeamos o patriarcado': a proba de que os nesgos de xénero poden desaparecer da rede
Hackeamos o patriarcado. Unha análise do machismo dixital reúne a máis de vinte investigadoras e investigadores e está coordinado por Soledad Torres Guijarro, profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. O volume, publicado na colección Feminismos da Editorial Galaxia, recompila sete traballos de investigación relacionados co machismo na rede
- Reportaxe
- Movementos sociais
Marchar ou ficar no que foi Twitter? "X non está libre de ideoloxía, ten unha propiedade e uns intereses"
"Posdata, amaña o meu algoritmo", escribiulle este sábado a cantante Cardi B, con preto de 36 millóns de seguidores en X (antes Twitter) ao dono da rede social, Elon Musk, despois de que este a sinalara como "outro títere que non sabe sequera falar sen que lle dean as palabras", empregando un vídeo dela nun mitin de Kamala Harris en Milwaukee no que quedou sen teleprompter e sen acceso ao seu discurso durante un minuto. Quizais o erro de entrada é pensar que as redes sociais son imparciais. Ese romanticismo dos primeiros momentos da internet, cando falabamos da internet global, da liberdade; e cando aínda podiamos 'apagar' internet ao apagar o ordenador. En menos de dúas décadas, o conto cambiou bastante
- Reportaxe
- Cultura
Outra volta ao deseño desde Galicia: Cenlitros, Desescribir e Novagarda
O deseño que parece que non se ve pero está. Esta filosofía da profesión é a que comparten os tres estudios de deseño galegos que foron galardoados este ano nos premios Laus e Delta da asociación FAD (Foment de les Arts i del Disseny) de Barcelona, dous dos premios de deseño máis prestixiosos a nivel estatal. O traballo dos veteranos Cenlitros e Desescribir e do estudio Novagarda foi recoñecido nas categorías de gráfica do entorno, editorial, dixital e deseño industrial
- Reportaxe
- Cultura
Irmás Cartoné, unha década traendo historias ao galego para que resoen entre diferentes xeracións
A editorial Irmás Cartoné fai unha década traducindo ao galego clásicos da literatura universal: historias de diferentes épocas e temáticas que teñen moi en conta a quen escribiu desde as marxes. "Se un libro sobrevive (ou non) no tempo vese a posteriori, nós realmente xogamos sobre seguro niso", afirman as editoras e tradutoras detrás deste proxecto, Celia Recarey Rendo e Carlos Valdés García
- Reportaxe
- Cultura
Todos narcos?: 'Clanes' e 'Fariña', dúas series que contan Galicia
Máis alá do xornalismo, é a ficción audiovisual quen está a colocar as historias derivadas do tráfico de drogas en Galicia no debate público. Os actores Tamar Novas e Xosé A. Touriñán e a actriz Cris Iglesias, que participan en Clanes e Fariña, comparten a súa experiencia nestas series que lograron gran repercusión entre o público fóra de Galicia (e tamén no interior). A xornalista e investigadora Silvia Roca Baamonde analiza o rol do narco no paradigma de representación dos galegos na ficción e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, explica a influencia destas producións no sector
- Entrevista | Llerena Perozo Porteiro
- Cultura
"O fin primeiro cando me sentei a escribir era colocar na nosa historia de ficción e afectiva as historias das ninguén"
Llerena Perozo Porteiro constrúe na súa segunda novela, Os anos tranquilos (Xerais), a historia de vida de María García, que atravesa o século XX sendo testemuña de grandes fitos históricos que ocorren no mundo, e que aporta a súa ollada crítica sobre todo iso. "Xa conseguimos colocar as mulleres nos libros de texto, as que teñen relevancia para isto, pero a ficción, cando fala de persoas anónimas e humildes, só fala dos homes", conta a autora, que recupera o legado das súas avoas e avós para este libro
Estudios Abertos Ourense: unha sorte de feira de arte que abre as portas dos talleres de artistas
Un total de 14 espazos e máis de 25 artistas compartirán o seu traballo e modo de crear do 25 ao 27 de outubro na I Edición de Estudios Abertos Ourense
O PP impide a admisión da iniciativa que persegue a protección das actividades pesqueiras e marisqueiras tradicionais no Parlamento
O voto en contra do grupo parlamentario do PP impediu este martes que o pleno do Parlamento admitira a trámite a iniciativa lexislativa popular para o recoñecemento e protección das actividades pesqueiras e marisqueiras tradicionais, respaldada por 17.838 sinaturas, que solicitaba engadir na vixente lei de pesca dous artigos para que estas actividades sexan declaradas como de interese xeral en Galicia