O 'Diario da guerra' que Paco del Riego gardou no seu despacho chega 85 anos despois
'Diario da guerra' é unha obra inédita de don Paco que publica agora a Editorial Galaxia e chegará axiña ás librarías. Nela importan tanto as palabras escritas como as que faltan, apunta o historiador Lourenzo Fernández Prieto no limiar
Novas xeracións do audiovisual organízanse para contar a memoria democrática do país con diferentes olladas
Novas xeracións do audiovisual galego xúntanse na Asociación Memoria e Cinema para abordar a memoria histórica democrática do país e crear un espazo no que se valoren o pasado e o patrimonio do país. O colectivo preséntase o martes 21 de marzo, ás 19:30 horas, no auditorio do Museo do Pobo Galego na última xornada da MICE
- Reportaxe Pola sanidade pública
- Ciencia e tecnoloxía
O incendio que acelerou a dixitalización do Sergas: 20 anos da historia clínica electrónica
Galicia foi pioneira no Estado ao ser a primeira comunidade que apostou por ter unha historia clínica integral e dixital. O incendio do arquivo do hospital de Pontevedra en 2004 acelerou a implantación da ferramenta Ianus, que permitiu compartir datos a centros de saúde e hospitais do país e agora resulta imprescindible no día a día de médicos e doentes
- Entrevista | Malores Villanueva As letras de don Paco
- Cultura
"Paco del Riego era un home político, pero tívose que reinventar"
"Teño gravado como me dicía 'eu quero morrer cun puro na man e os pés na Penzol", lembra Malores Villanueva sobre as conversas nos derradeiros anos de Francisco Fernández del Riego que lle serviron para trazar a súa biografía como persoeiro do galeguismo e "optimista radical" na Editorial Galaxia con motivo da súa homenaxe no Día das Letras
25 olladas da paisaxe galega para presentar o colectivo artístico Poligonal
A mostra 'Paisaxe_0', impulsada polo colectivo Poligonal de Lúa Gándara e Olmo Blanco, funciona como unha radiografía para comprobar cun golpe de vista como se está a representar a paisaxe galega. Con obras de 25 artistas de disciplinas diversas, pódese visitar ata o 18 de abril na galería Metro de Santiago
- Reportaxe
- Cultura
Cinco concellos, cinco meses, cinco pezas teatrais e unha mesma idea: compartir o camiño
O proxecto 5x5 é a primeira acción do estudo de produción artística Fósforo, dirixido polo produtor José Díaz, e explora a vertente social do teatro traballando coa veciñanza de Vedra, Silleda, Lalín, Mazaricos e Allariz
A "visión impresionista" de Fernández del Riego sobre a súa Lourenzá natal
Francisco Fernández del Riego realiza en 'Lourenzá' unha serie de apuntamentos históricos, persoais e sentimentais sobre a terra que o viu nacer alá polo 1913. Sen vontade erudita, máis ben dun paseo pola memoria dun namorado da Mariña
Cando a metade do mundo parou o 8M: cinco anos da primeira folga feminista
Cinco mulleres que participaron da primeira folga feminista no Día Internacional da Muller de 2018 repasan aqueles días desde a sanidade pública, o sector agrogandeiro, o ensino, a investigación científica e o eido cultural: "Vivímolo como unha revolución"
A admiración de don Paco por Pondal e as sorpresas de Galaxia no seu ano das Letras
"Eran bicos de efusión á terra de onde se vén e a onde se vai", escribe Fernández del Riego sobre os versos de Pondal en 'Con Pondal en Bergantiños', o libro que inaugura a Biblioteca Fernández del Riego na Editorial Galaxia co gallo do Día das Letras para don Paco
- Entrevista | Ángeles Carmona Contra a violencia machista
- Acontece Santiago
"A reincidencia é a agravante que máis se impón nas resolucións xudiciais; os maltratadores persistentes son moi comúns"
A presidenta do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do CGPJ reclama pór en marcha unha especialidade xudicial propia para estas violencias e, mentres tanto, pide que a formación en igualdade para todos os axentes xudiciais sexa obrigatoria
'falAI': falar galego coas máquinas para que o aprendan
Gravar trinta frases para colaborar en que os sistemas de recoñecemento por voz comprendan o galego a través da Intelixencia Artificial é o reto que propoñen investigadores da Universidade de Vigo e a empresa Balidea con 'falAI' ás persoas galegofalantes
- Reportaxe Contra a violencia machista
- Acontece
"A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia
Dúas mulleres vítimas de violencia de xénero contan as súas experiencias de nove e tres anos cos dispositivos de control telemático que avisan de que o maltratador se achega e implica avisar á Policía. Piden máis recursos, mellorar a xeolocalización e "que haxa consecuencias" cando eles incumpren as medidas de protección. En todo o Estado hai 3.056 dispositivos en activo, segundo o Ministerio de Igualdade.