- Enquisa Cara ao 28M
- Política Vigo
O CIS augura que Caballero revalidará a súa ampla maioría en Vigo, con xestión ben valorada por votantes de todos os partidos
O CIS deu a coñecer este xoves o seu estudo preelectoral para os comicios do 28M con datos de comunidades autónomas e das urbes de maior tamaño, que en Galicia se limitan á cidade olívica. O PSdeG obtería entre 18 e 21 edís, unha cifra semellante á actual (20), mentres que o PP mantería os seus apoios, o BNG subiría lixeiramente e a Marea aparece en risco de non obter representación.