Blindarse contra os pisos turísticos: comunidades de propietarios de Vigo debaten entre a "seguridade" e a "demanda"
"Estamos na zona cero para o turismo e decidimos prohibilo porque tiñamos un trasfego brutal de xente polo edificio. Non había a seguridade que calquera quere ter dentro da súa comunidade", conta a Praza.gal a vicepresidenta dunha comunidade de propietarios de Vigo que modificou os seus estatutos para impedir os alugueiros turísticos
- Entrevista | Janet Novás
- Cultura
"Foi súper bonito ver como a miña forza non só está na explosión, senón tamén na contención"
"Se o cinema é así, eu repito cando queiran". Janet Novás é bailarina, coreógrafa, profesora e actriz. Con máis de quince anos de carreira artística no eido da danza, abriu un camiño novo na interpretación da man da cineasta Jaione Camborda, que a reclamou para o papel da protagonista de O Corno, coa que gañaron a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián e coa que Novás vén de facerse co premio Goya á Mellor actriz revelación.
- Reportaxe
- Acontece
Menos recursos emocionais, máis autoesixencia: a mocidade pide referentes para abordar a saúde mental
Nas últimas semanas suicidáronse en Galicia varias persoas novas, casos que apareceron na prensa –con excepcións– co foco na localización. Os especialistas lembran que o importante é o que hai detrás, chegar a tempo a quen pensa en intentalo, a quen o intentou pero non o logrou, a quen o vai intentar nos vindeiros días. Para iso, é preciso "ter a quen acudir, unha atención psicolóxica de calidade –para á que é necesario un acceso máis ou menos rápido e que o tempo entre consultas non se eternice– e que dea respostas eficaces ás dificultades que se presentan", detalla o psicólogo clínico Carlos Álvarez García.
Xestores culturais volven destacar as Tanxugueiras e os eventos do Camiño nun 2023 con mención especial ao cine
O grupo musical Tanxugueiras, o festival O Son do Camiño, o filme O Corno, a poeta Yolanda Castaño, a película As Bestas, os "eventos culturais do Camiño de Santiago" e a programación da Cidade da Cultura acumulan as máximas mencións entre o máis destacado da cultura galega en 2023 para os seus xestores, segundo os datos dun informe do Consello da Cultura.
- Reportaxe
- Movementos sociais
A "avalancha" de fraudes coa lei trans que non chegou
Existe un goteo constante de casos cos que se pretende crear unha alarma social arredor dun suposto uso fraudulento da lei trans, publicitados no marco dun crecente discurso do odio, que non son estatisticamente significativos a día de hoxe. "Estamos nun período de retroceso social a respecto do que é vivir sendo trans no Estado español a día de hoxe", lamenta a historiadora Daniela Ferrández. "Teño casos de persoas ás que se lles están a vulnerar os seus dereitos pedíndolles aínda informes de saúde mental no Rexistro Civil. Aí a lei trans está fallando, pero como a prexudicada é unha persoa trans parece que importa menos", conta o avogado Miguel Vieito
- Entrevista | Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut As Letras de Luísa Villalta
- Cultura
"Interésanos resaltar o plano social e militante de Luísa Villalta, a súa obra fala por ela"
Que pensaría Luísa Villalta das Indóciles? É unha das cuestións principais que tiveron en conta a narradora oral Vero Rilo, a resitadora Nuria Vil e a música Mónica de Nut á hora de montar ese espectáculo único que dialoga coa poeta homenaxeada no Día das Letras Galegas da Real Academia Galega este ano e co que pretenden achegar as partes da súa obra coas que máis conectan as propias artistas. Indóciles estréase no Festival Rosalía de Compostela e, no mes das Letras, estará en Sada e na Cidade da Cultura
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
Ana Pontón asegura que está "con máis forza que nunca" e que hai "un cambio de ciclo" en Galicia
“Hai un cambio de ciclo neste país”, asegurou a líder do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa posterior á reunión da Executiva Nacional da formación, centrada en analizar o resultado das eleccións do 18F. “Temos un caudal de esperanza”, proseguiu, para ratificar que este domingo “Galiza mudou e hai unha forza política sólida sobre a que imos construír un país de futuro”.
- A Nave de Vidán 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
O resultado histórico do BNG apuntala o liderado de Pontón aínda que non abonde para o cambio
"Hoxe non acaba nada, estamos máis preparadas que nunca", asegurou Ana Pontón na súa primeira valoracións dos resultados electorais do BNG. 467.074 galegas e galegos colleron a papeleta do BNG nestes comicios do 18F, 155.734 máis que hai catro anos. Un fito histórico para a formación nacionalista, que supera o seu teito electoral e mantense como segunda forza política no Parlamento.
- Pavillón das Fontiñas 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
O PSdeG promete un goberno con máis emprego e conquistas sociais e pecha filas con Besteiro
"Desde fóra sempre vemos a Galicia como unha sociedade profundamente progresista, que non se resigna ao inmobilismo, que sempre quere máis", salientou Pedro Sánchez no peche de campaña do PSdeG, que encheu o pavillón das Fontiñas en Santiago. "A papeleta do PSdeG é a do cambio seguro garantido", asegurou Besteiro
"A literatura infantil e xuvenil é para todo o mundo, as barreiras están na outra que chamamos de adultos"
Leticia Barbadillo gañou o Premio Merlín 2023 de Literatura Infantil da editorial Xerais con A botella de lentellas. Unha historia que non foi escrita pensando nas crianzas e, de feito, está a espertar simpatías entre o público adulto. A novela era un agasallo para Maruja, a súa avoa materna, que lle fixo a que para ela é a mellor crítica: "Rin, chorei, é como na vida", dixo.
30 segundos de viaxe no HALO: "Vainos axudar moito no día a día"
A nova infraestrutura permite salvar nuns trinta segundos o desnivel de preto de 50 metros que existe entre as rúas Serafín Avendaño e a praza de Vialia, sobrevoando o vial da autoestrada AP-9 e a estación de autobuses
- Auditorio Mar de Vigo 18F Eleccións galegas
- Política Vigo
"Aquí está o pobo unido para gañar": Pontón amplía expectativas en Vigo e pide "unir" o voto do cambio na papeleta do BNG
"Esta é a clave da campaña: unir a todas as persoas que queren construír unha Galiza mellor, na papeleta do BNG", salientou a candidata do BNG nun Auditorio Mar de Vigo con máis dun milleiro de persoas