- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
Ana Pontón asegura que está "con máis forza que nunca" e que hai "un cambio de ciclo" en Galicia
“Hai un cambio de ciclo neste país”, asegurou a líder do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa posterior á reunión da Executiva Nacional da formación, centrada en analizar o resultado das eleccións do 18F. “Temos un caudal de esperanza”, proseguiu, para ratificar que este domingo “Galiza mudou e hai unha forza política sólida sobre a que imos construír un país de futuro”.
- A Nave de Vidán 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
O resultado histórico do BNG apuntala o liderado de Pontón aínda que non abonde para o cambio
"Hoxe non acaba nada, estamos máis preparadas que nunca", asegurou Ana Pontón na súa primeira valoracións dos resultados electorais do BNG. 467.074 galegas e galegos colleron a papeleta do BNG nestes comicios do 18F, 155.734 máis que hai catro anos. Un fito histórico para a formación nacionalista, que supera o seu teito electoral e mantense como segunda forza política no Parlamento.
- Pavillón das Fontiñas 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
O PSdeG promete un goberno con máis emprego e conquistas sociais e pecha filas con Besteiro
"Desde fóra sempre vemos a Galicia como unha sociedade profundamente progresista, que non se resigna ao inmobilismo, que sempre quere máis", salientou Pedro Sánchez no peche de campaña do PSdeG, que encheu o pavillón das Fontiñas en Santiago. "A papeleta do PSdeG é a do cambio seguro garantido", asegurou Besteiro
"A literatura infantil e xuvenil é para todo o mundo, as barreiras están na outra que chamamos de adultos"
Leticia Barbadillo gañou o Premio Merlín 2023 de Literatura Infantil da editorial Xerais con A botella de lentellas. Unha historia que non foi escrita pensando nas crianzas e, de feito, está a espertar simpatías entre o público adulto. A novela era un agasallo para Maruja, a súa avoa materna, que lle fixo a que para ela é a mellor crítica: "Rin, chorei, é como na vida", dixo.
30 segundos de viaxe no HALO: "Vainos axudar moito no día a día"
A nova infraestrutura permite salvar nuns trinta segundos o desnivel de preto de 50 metros que existe entre as rúas Serafín Avendaño e a praza de Vialia, sobrevoando o vial da autoestrada AP-9 e a estación de autobuses
- Auditorio Mar de Vigo 18F Eleccións galegas
- Política Vigo
"Aquí está o pobo unido para gañar": Pontón amplía expectativas en Vigo e pide "unir" o voto do cambio na papeleta do BNG
"Esta é a clave da campaña: unir a todas as persoas que queren construír unha Galiza mellor, na papeleta do BNG", salientou a candidata do BNG nun Auditorio Mar de Vigo con máis dun milleiro de persoas
- Entrevista | Marta Lois 18F Eleccións galegas
- Política
"Queremos que o próximo goberno progresista galego sexa de mulleres"
"Os galegos e galegas deben lembrar como o 23 de xullo paramos os pés a Abascal e a Feijóo", advirte a candidata de Sumar Galicia, Marta Lois, que avanza que o 18F chegará unha "primavera adiantada" a Galicia cun goberno progresista "a tres" na Xunta
Sen marxe para cubrir a Pediatría nos centros de saúde: "É moi complicado cambiar a situación sen máis persoal"
"O problema máis importante é que non son nenos do teu cupo e non os coñeces igual. Aténdelos o mellor que podes pero non están sendo sempre atendidos polo mesmo profesional, que é o peor cara á poboación", critica unha pediatra de Ribeira, que explica a Praza.gal como se cobren as ausencias sen substitutos en Pediatría
Pontón quere investir o 2% do orzamento en Cultura e impulsar unha lei galega de dereitos culturais
"Se podemos falar dunha cultura galega é porque temos un idioma noso que nos permite falar de ti a ti co resto de culturas do planeta", afirmou a candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, nunha conversa este sábado en Santiago co escritor Carlos Callón, a escritora Berta Dávila, o actor Monti Castiñeiras e o músico Mondra na que avanzou que o seu goberno destinará o 2% do orzamento a investir en cultura
- Entrevista | Iria Aldegunde
- Cultura
"Quería centrarme no mundo interior de Balbino"
"Alégrome de que gustase, era un dos maiores medos que tiña ao ser un libro tan respectado e querido", conta Iria Aldegunde (Santiago de Compostela, 2000), a autora da adaptación á novela gráfica de 'Memorias dun neno labrego', a novela capital de Xosé Neira Vilas. Fernando Redondo, sobriño do autor e presidente da Fundación Neira Vilas, transmitiulle á compostelá que ao seu tío teríalle gustado ver este cómic que agora edita Galaxia rematado.
Unha multitude volve responder á chamada de SOS Sanidade Pública e esixe reverter a situación "crítica" no Sergas
Ducias de colectivos e as principais forzas políticas da esquerda secundan unha protesta na que a plataforma convocante asegura que a radiografía da sanidade pública galega amosa "a última fase do seu desmantelamento", co acento en aspectos como centros de saúde e PACs “inaccesibles e masificados”, falta de pediatras ou esperas de semanas para acceder á Atención Primaria
- Reportaxe
- Movementos sociais
Colapso no sistema de protección de menores: "Chegou o momento de priorizar a infancia"
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia reclama unha gran auditoría do sistema de protección na Xunta para facer "unha revisión a fondo" e tratar de "desbloquealo". "Os problemas enquístanse e vanse agravando de tempo en tempo”, di Xesús Vilas, presidente da POIG