
O feminismo enche as rúas galegas "para varrer o patriarcado" e acadar a igualdade salarial
Con participacións multitudinarias en Vigo e A Coruña, as cidades e vilas galegas volveron alzar a voz polos dereitos das mulleres nas concentracións e mobilizacións convocadas tanto pola mañá como pola tarde, cando saíron a meirande parte das marchas feministas desafiando o vento e a choiva, en moitos casos.