A TVG prevé un só debate ás 9:30 da mañá na campaña das xerais
As forzas políticas reciben este venres o plan de cobertura elaborado pola CSAG para o 29N, cun só debate televisivo matinal e noutro na Radio Galega ás oito do serán. RTVE propón tres de ámbito estatal en horario de máxima audiencia. PP, PSdeG, Fronte Ampla e BNG elixirán as quendas de apertura e peche dos catro bloques temáticos dos debates e a súa situación no estudio por orde dos votos obtidos en 2023 e non por sorteo
Campaña para reclamar "masivamente" que a Xunta publique o pacto secreto con Altri
Ulloa Viva, as plataformas contra a Mina de Touro e na Defensa da Ría de Arousa e mais Adega facilitan un "escrito modelo" para que "a cidadanía galega rexistre de forma masiva a mesma petición" de acceso ao contido do acordo asinado entre Impulsa Galicia e a empresa portuguesa. Coñecer o documento, alegan, ten "especial interese" mentres "o PP ameaza con recuperar o proxecto industrial en caso de que chegue a gobernar o Estado coa axuda de Vox"
O Consello de Seguridade Nuclear asume a inspección radioactiva en Galicia ao xubilarse o técnico da Xunta
CNS e Consellería de Presidencia acordan que o ente estatal asuma as funcións que leva exercendo a Administración galega dende que Fraga as asinou en 1990. O funcionario "cuxa idoneidade foi apreciada" en 1991 "causou xubilación" e "na actualidade, a Xunta non dispón doutro inspector/a que cumpra os requisitos". A suspensión manterase "mentres subsista a falta de medios persoais idóneos"
"Ao bordo do crack": as deputacións de PSdeG e BNG esixen máis fondos "obxectivos" da Xunta aos concellos
Nas comparecencias ante o Parlamento para presentaren os seus orzamentos de 2027 o presidente da Deputación da Coruña advirte duns municipios "asfixiados polos custos" e a presidenta da de Lugo "reta" o Goberno galego a "abrir o debate sobre o reparto dos fondos públicos" para "que non dependan de quen goberne noutra institución": "Non son favores, pertencen á cidadanía"
A precampaña das xerais reactívase en Galicia pola Feira de Santos
A centenaria feira monterrosina é, historicamente, un punto de interese político. Rueda, Pontón e Besteiro non faltaron este ano, no que a cita cadrou coa fin do loito oficial pola traxedia de Urda
A Xunta Electoral amoesta a Rueda por un acto institucional de vivenda en Vigo
Ordena a retirada da nota de prensa e require ao presidente da Xunta que "se absteña" de realizar actos coma ese durante o proceso electoral. "Non se limitou a informar con neutralidade sobre o funcionamento dun servizo público", aclara o organismo.
Puente segue como ministro e reitera que o control do Adif puido evitar o accidente de Toledo
"O doado sería saír, pero non vai co meu carácter e non é o que o presidente me pediu", sostén o titular de Transportes, para quen "achegar solucións" é "a forma de entender as responsabilidades". Mantén que os controladores tiveron marxe para deter o AVE ao que permitiran "marcha normal" dende que o Iryo informou, cinco minutos antes da colisión, de que non podía retomar a viaxe
Feijóo clama por "responsabilidades políticas" polo accidente ferroviario e o PPdeG cre que "non é o momento"
Paula Prado, secretaria xeral dos populares galegos, cre que "non é o momento de depurar responsabilidades, xa chegará o momento". "Non imos tentar sacar rédito desta desgraza", agrega mentres pide "todos os medios" para a "investigación". O ex-presidente ve unha "frivolidade impropia" que Puente "bote a culpa a un operador de Atocha" tras advertir en Angrois que o "sentir maioritario da sociedade" apuntaba só ao maquinista e considerar de "sentido común" que fose o único condenado
O pacto bipartito PP-Vox para o Senado inclúe Pontevedra
Na circunscrición pontevedresa e noutras trece Vox presenta un só candidato no canto dos tres aos que ten dereito coa intención declarada de que o electorado da formación de extrema dereita seleccione outros dous nomes do PP
PP e PSdeG lanzan á calor do polbo a carreira do desputado escano lucense para o 29N
En catro das dez xerais nas que a provincia de Lugo repartiu catro escanos, tres foron para os populares. Os socialistas apelan a todo o electorado "que se sinta progresista" para volver ao 2-2 o 29 de novembro. Rueda e Candia chaman aos seus a "ter a maquinaria engraxada" para reeditar na provincia a súa ampla vitoria de 2023 nun evento ao que a tránsfuga Reigosa acudiu como parte da "familia" do partido. Besteiro advirte a "todo o mundo que queira parar á dereita e á ultradereita" de que en circunscricións como a de Lugo "a papeleta que serve é a do Partido Socialista"
- Crónica Cara ao 29N
- Política
Un 'deepfake' no quilómetro 92 da AP-9
Case dúas décadas antes das montaxes con IA xenerativa que o equipo de Feijóo emprega como ferramenta electoral, a difusión dun inexistente accidente de tráfico ou dunha falsa agresión foran clave para desestabilizar o candidato do BNG nas eleccións galegas tras as que o PP retornou á Xunta
Expediente a Candia por utilizar o Concello de Lugo contra a esquerda en período electoral
A Xunta Electoral de Zona abre proceso sancionador contra a actual alcaldesa lucense por contravir a lei cunha visita ás obras dun aparcadoiro e o comunicado oficial posterior, no que se gabou da súa xestión e atacou o goberno de PSdeG e BNG na cidade, tombado o pasado maio pola moción de censura do PP cunha edil tránsfuga . A XEZ coida que foi "contraria á debida neutralidade", ordena retirar a nota do web do Concello e insta a Candia a "absterse de levar a cabo actos similares" ata despois das xerais. O PSdeG local ve "confirmado" que "utiliza o Concello como unha extensión do PP