Feijóo clama por "responsabilidades políticas" polo accidente ferroviario e o PPdeG cre que "non é o momento"
Paula Prado, secretaria xeral dos populares galegos, cre que "non é o momento de depurar responsabilidades, xa chegará o momento". "Non imos tentar sacar rédito desta desgraza", agrega mentres pide "todos os medios" para a "investigación". O ex-presidente ve unha "frivolidade impropia" que Puente "bote a culpa a un operador de Atocha" tras advertir en Angrois que o "sentir maioritario da sociedade" apuntaba só ao maquinista e considerar de "sentido común" que fose o único condenado
O pacto bipartito PP-Vox para o Senado inclúe Pontevedra
Na circunscrición pontevedresa e noutras trece Vox presenta un só candidato no canto dos tres aos que ten dereito coa intención declarada de que o electorado da formación de extrema dereita seleccione outros dous nomes do PP
PP e PSdeG lanzan á calor do polbo a carreira do desputado escano lucense para o 29N
En catro das dez xerais nas que a provincia de Lugo repartiu catro escanos, tres foron para os populares. Os socialistas apelan a todo o electorado "que se sinta progresista" para volver ao 2-2 o 29 de novembro. Rueda e Candia chaman aos seus a "ter a maquinaria engraxada" para reeditar na provincia a súa ampla vitoria de 2023 nun evento ao que a tránsfuga Reigosa acudiu como parte da "familia" do partido. Besteiro advirte a "todo o mundo que queira parar á dereita e á ultradereita" de que en circunscricións como a de Lugo "a papeleta que serve é a do Partido Socialista"
- Crónica Cara ao 29N
- Política
Un 'deepfake' no quilómetro 92 da AP-9
Case dúas décadas antes das montaxes con IA xenerativa que o equipo de Feijóo emprega como ferramenta electoral, a difusión dun inexistente accidente de tráfico ou dunha falsa agresión foran clave para desestabilizar o candidato do BNG nas eleccións galegas tras as que o PP retornou á Xunta
Expediente a Candia por utilizar o Concello de Lugo contra a esquerda en período electoral
A Xunta Electoral de Zona abre proceso sancionador contra a actual alcaldesa lucense por contravir a lei cunha visita ás obras dun aparcadoiro e o comunicado oficial posterior, no que se gabou da súa xestión e atacou o goberno de PSdeG e BNG na cidade, tombado o pasado maio pola moción de censura do PP cunha edil tránsfuga . A XEZ coida que foi "contraria á debida neutralidade", ordena retirar a nota do web do Concello e insta a Candia a "absterse de levar a cabo actos similares" ata despois das xerais. O PSdeG local ve "confirmado" que "utiliza o Concello como unha extensión do PP
O Estado obriga a Xunta a "coordinar" coa Coruña e Santiago o gasto dos 10 millóns das zonas tensionadas
As subvencións para autonomías con zonas de mercado residencial tensionado chegan ao BOE. Os consistorios coruñés e compostelán reclamaran ao Goberno galego a transferencia dos cartos pola súa oposición política á medida. Rueda avanzara a súa intención de destinar a achega á promoción de vivenda pública. O Real Decreto permíteo se son de alugueiro accesible, con protección permanente e de acordo cos concellos
O Concello da Illa mercará un edificio incautado a Marcial Dorado para facer vivendas públicas
O Estado retira da poxa prevista para novembro o inmoble que o consistorio prevé mercar cun crédito de 1,3 millóns e habilitar nel 15 pisos públicos. O goberno local xa adquirira en 2025 ao Plan Sobre Drogas outros terreos que foran de Dorado para 70 vivendas públicas máis e dotacións coma un parque
O PP envía o presidente do Parlamento ao Senado e á conselleira de Política Social ao Congreso
Miguel Santalices encabezará a candidatura dos populares á Cámara Alta por Ourense e Fabiola García será a número dous da lista que encabeza Miguel Tellado pola provincia da Coruña
- 📺 Crónica Cara ao 29N
- Política
29N no Hórreo: "Campaña cutre", "oportunidade para non sufrir máis" ou "elixir perro"
Rueda responde sobre desigualdades da cidadanía atribuíndoas a Pedro Sánchez, ao PSOE e ao BNG e sinalando as eleccións xerais como "oportunidade de acabar con todo isto", porque "a xente" vai dicir que "veña o PP". Pontón ve "en evidencia" que o presidente xa "non ten nada que ofrecer ao país" e ínstao a aclarar se "vai cumprir" coas 1.800 vivendas en alugueiro social prometidas para 2026, Besteiro lamenta que o seu plan "estrela" para afrontar a carestía da vida sexa rebaixar o IRPF no equivalente a "dous cafés"
A Xunta mantén en 2027 a rebaixa de impostos aos bingos para "recuperarse" da COVID
O custo dos recortes tributarios do Goberno galego sobe por riba do 2% para o ano vindeiro e suporá perder de ingresar uns 500 millóns de euros. As rebaixas de máis impacto seguen sendo as do imposto de sucesións e doazóns, cunha perda estimada de 335 millóns; polo desconto no imposto de patrimonio, que só pagan as rendas máis altas, perderanse uns 39 millóns, case un 6% máis
Feijóo confirma negociacións con Vox para o Senado e a Tellado pola Coruña ao Congreso
O ex-presidente recoñece contactos coa formación da extrema dereita con "discreción" e "respecto" para acordaren candidaturas, tentar acceder á maioría da Cámara Alta que permite remudar postos no Constitucional e confrontaren co proxecto unitario liderado por PSOE e Fronte Ampla. Os populares alentan o seu 'número dous', que repite encabezando a candidatura coruñesa, cun "a por eles" dirixido ao BNG e outras forzas soberanistas
A achega da Xunta ás pensións non contributivas seguirá conxelada en 18 euros ao mes en 2027
A Xunta volve prever nos Orzamentos de 2027 que o seu complemento ás PNC sexa un pagamento anual dun máximo de 220,50 euros, que nos catro anos previos acabou deixando en 218. Previamente Feijóo mantivérao máis dunha década nos 206 que aprobara tras rectificar a decisión de suprimilo