O PSdeG renova para o 29N as catro cabezas de cartel ao Congreso
Os titulares das subdelegacións gobernamentais na Coruña e Pontevedra, Obdulia Taboadela e Abel Losada, encabezan unhas listas ao Congreso que en Lugo e Ourense lideran Patricia Otero e Carmen Rodríguez Dacosta. Carmela Silva e Gumersindo Guinarte, referentes para o Senado nas circunscricións pontevedresa e coruñesa
Besteiro lamenta que o PP celebre "tratar como galegos de segunda" ao electorado do exterior co voto suspendido
O CERA das circunscricións galegas está arestora oficialmente composto por máis de 516.000 persoas, a maior cantidade de todas as autonomías e un 9% máis que nas anteriores xerais de 2023. O líder do PSdeG pon o foco en que parte das persoas inscritas no CERA ao abeiro da Lei de Memoria Democrática que agora fican sen dereito ao sufraxio por orde do Supremo xa votaran daquela
Pontón insta a desbotar "medo" e "derrotismo" o 29N cunha chamada a "concentrar o voto" no BNG
A formación soberanista, que culmina o día 24 a elección de candidaturas, pide apoio para "dar voz firme ao noso país", "condicionar as políticas do Estado a prol das maiorías sociais" e tamén que "o PP e Feijóo sigan moitos anos onde deben estar, na oposición". "Se temos algunha coalición, será co pobo galego", matiza a portavoz nacional sobre as posibles confluencias entre outras forzas
Política Social desenténdese dos coidados intermedios prometidos hai 5 anos malia outro caso de desamparo
O 13 de outubro de 2021 Feijóo prometeu unidades para "persoas que, tras recibir a alta hospitalaria, necesitan acompañamento", como un home que vén de pasar cinco meses no hospital malia ter a alta porque require coidados que non pode ter no seu domicilio
Xosé Manuel Beiras, na fronte unha estrela
Beiras sentiuse interpelado pola morte de Castelao con apenas 13 anos. No seu pasamento exerceron as comparanzas entre ambas figuras, as máis delas con xustiza e precisión
A CIG secunda a folga xeral pola vivenda e a crise de prezos
A Confederación Intersindical Galega apunta á primeira semana de novembro para un paro xeral que, resaltan, atende os mesmos obxectivos que a súa campaña para que "sexa o capital o que asuma as consecuencias da actual carestía da vida e en demanda dunha vida digna para a maioría social"
Os prazos do 29N: votar por correo e non inaugurar
O sufraxio postal pódese solicitar dende este 6 de outubro, coa convocatoria dos comicios, ata o 19 de novembro. A campaña comeza o 13 de novembro e a prohibición de actos gobernamentais para exaltar os propios logros chega ata o propio 29N
Eleccións xerais o 29N: todo á vivenda
Pedro Sánchez adianta os comicios ao non lograr aprobar os decretos de vivenda e confiando na mobilización da esquerda por esa emerxencia social, chamando por unha "maioría progresista moito máis ampla coa que dobregar as elites" tras dunha lexislatura protagonizada polo ascenso da extrema dereita e as frontes xudiciais do PSOE
O alcalde socialista de Vilagarcía, agredido na rúa ao berro de "rojos de mierda"
Alberto Varela recibiu golpes e empurróns dun home mentres se atopaba na terraza dun local hostaleiro con amizades e familiares, entre eles a súa filla. Varias das persoas que o acompañaban tamén foron agredidas ao tentaren afastar o home. "Sinto a obriga moral de reivindicar un mundo mellor e de manifestar a miña profunda repulsa aos violentos e aos impulsores do odio", afirma o tamén presidente da Fegamp. O mesmo home xa manifestara modais violentos durante unha intervención nun pleno do Concello vilagarcián do que acabou expulsado
- 🔊 Crónica Dereito á vivenda
- Política
Ante a alerta da vivenda: "Hai prazas nos albergues"
A crise da vivenda é calquera cousa menos nova. Nin para o actual Goberno de España nin para quen aspira a encabezar unha alternativa pola dereita que o remude. En 2014, mentres o paro batía récords, Cáritas mobilizouse tamén en Galicia reclamando "política de vivenda que garanta o dereito" e medidas concretas como "alugueiro social e ocupar vivendas baleiras". O actual líder do PP retrucara como presidente que "os albergues" tiñan "todas as noites, prazas que non se utilizan"
Clamor cidadán polo dereito á vivenda
Media ducia de mobilizacións nas principais cidades esixen "solucións permanentes" tras a derrogación dos decretos de vivenda cos votos do PP, Vox e Junts no Congreso, coas de Vigo e A Coruña como as máis multitudinarias
PP, Vox e Junts derrogan os decretos de vivenda
Pedro Sánchez, a quen o PP atribúe en exclusiva o problema da vivenda, formula a disxuntiva entre apoiar as "elites inmobiliarias" ou á "xente corrente" e a formación catalá esgrime que as normas agora decaídas ían conseguir "o efecto contrario do que pretenden". A forzas da esquerda lamentan a caída do que consideraban un primeiro paso positivo e agoiran consecuencias electorais para as dereitas